Saltar

TÅNUM Alfombra, cores variadas, 60x90 cm

5,99€

Complétao con

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Lavable á máquina

O tecido de algodón sobrante da nosa produción téxtil transformouse en alfombras TÅNUM únicas e feitas á man. As cores varían dunha alfombra a outra, así que ven á tenda e escolle a que máis che guste.

Número de artigo302.126.75

Detalles do produto

Esta versátil alfombra queda ben en calquera sitio grazas á súa forma, tamaño e mestura de cores.

O algodón é un material natural suave que require poucos coidados e que se pode lavar á máquina.

Perfecto para todo tipo de chans, mesmo se teñen calefacción radiante.

Deseñador

Erik Bertell

Número de artigo302.126.75

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Urda:
NOTRANS
Trama:
NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Lavar á maquina a 30 ºC coma máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Secar colgada.

Encolle un 10 %.

Seguridade e conformidade

Para maior seguridade, emprega o protector antiescorregante STOPP; debe cubrir toda a superficie da alfombra.

Medicións

  • lonxitude: 90 cm
  • Ancho: 60 cm
  • grosor: 4 mm
  • superficie: 0.54 m²
  • densidade da superficie: 1350 g/m²

Embalaxe

TÅNUM

Número de artigo302.126.75
  • Ancho: 24 cm
  • Alto: 2 cm
  • Longo: 61 cm
  • Peso: 0.74 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
685Opinións

Accesorios para TÅNUM

SostibilidadeAs persoas e o planeta

Persoas e comunidades

Feitas a man cun propósito

Cada alfombra TÅNUM empeza como retais de tea da nosa produción de roupa de cama. Os restos son reutilizados por hábiles artesáns que tecen os anacos e convértenos en alfombras únicas. Ao elixir unha alfombra TÅNUM, levas á túa casa unha peza única, feita tendo en conta os recursos da natureza.

Alfombra tecida a man con cores e texturas variadas; fibras de algodón naturais, bordos trenzados, extremos de franxas.

Unha alfombra que marca a diferenza

A alfombra TÅNUM é un bo exemplo de como xuntamos dous das nosas paixóns: a sostibilidade e a creación dunha vida cotiá mellor. Está fabricada con restos de tecido da nosa produción de roupa de cama e cada alfombra é tecida a man por artesáns expertos en centros de tecido organizados de forma responsable. Non hai dúas alfombras iguais, así que TÅNUM engade un toque único a calquera fogar, pero o máis importante é que é unha alfombra que pode significar un futuro mellor para quen a tece.

A inspiración para estas alfombras procede da artesanía tradicional sueca, onde os restos de tea técense para facer alfombras de trapo, un uso intelixente e responsable dos recursos. A idea de TÅNUM xurdiu dun novo estudante de deseño chamado Erik Bertell. Volveo a imaxinar a alfombra de trapo dunha forma moderna e demostrou que se podían crear alfombras contemporáneas e únicas utilizando unicamente tecidos reutilizados.

Ingresos estables para as mulleres

Mentres desenvolviamos a alfombra, ao apaixonado director dunha das nosas fábricas provedoras ocorréuselle unha idea: que as mulleres da aldea de Karupannya, no norte de Bangladesh, tecesen as alfombras. Quería mellorar a vida cotiá dos habitantes do pobo dando ás mulleres un traballo e uns ingresos estables. E como esta rexión de Bangladesh é coñecida pola súa boa artesanía téxtil, era unha combinación perfecta.

Non da forma fácil, senón da correcta

A forma máis fácil de producir as alfombras sería facer teas novas en lugar de enviar as pezas sobrantes aos tecedores, pero esa non sería a forma de facer as cousas de IKEA. "Gústanos simplificar as cousas, pero tamén fabricar produtos de forma máis sostible. O provedor e o equipo de alfombras da oficina de IKEA en Nova Deli traballaron xuntos para conseguilo", di Rasmus Jönsson, que traballa con TÅNUM.

Mellores condicións para máis xente

Facer que a xente de Karupannya tecese as alfombras pasou a formar parte da nosa iniciativa Made by People: Handmade rugs (Feito pola xente: alfombras feitas a man). Trátase dun proxecto a longo prazo de IKEA que establece centros de tecido preto dos pobos. Ao reunir aos tecedores, pódese supervisar e mellorar o proceso de produción e a contorna de traballo. Isto crea mellores condicións para os tecedores, as súas familias e, en última instancia, para a industria das alfombras de toda a rexión. Tamén estamos a axudar a desenvolver un novo tear que permite aos tecedores ter unha posición de traballo máis ergonómica e require menos forza muscular para funcionar. "O mellor é que podemos ofrecer alfombras funcionais e bonitas para miles de fogares utilizando materiais sobrantes, e ao mesmo tempo crear emprego para as mulleres de Bangladesh. É bo tanto para as persoas como para o planeta", di Rasmus.

Máis información

Material

Que é o algodón?

O algodón é unha das fibras naturais máis apreciadas e utilizadas do mundo. Os tecidos de algodón son suaves, resistentes e pódense lavar a altas temperaturas. Tamén respiran ben e absorben a humidade, polo que son agradables de levar preto do corpo. Hoxe en día, en IKEA utilizamos cada vez máis algodón reciclado e esforzámonos por asegurarnos de que todo o algodón novo que utilizamos cultivouse e producido con cantidades cada vez menores de pesticidas, fertilizantes e auga.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.