TÄNNFORSEN / RUTSJÖN Moble con caixións/lavabo/billa
Tamén precisarás
Como conseguilo
10 ano de garantía
Os mobles de baño TÄNNFORSEN rezuman elegancia cos seus bordos biselados que confiren unha aparencia artesanal. Este combo inclúe 2 amplos caixóns e unha salpicadeira elevada que lle realzan o estilo tradicional.
Detalles do produto
Caixóns amplos, con capacidade suficiente para gardar todo o que necesitas. As canalizacións pasan por detrás, polo que non che quitarán espazo. Os caixóns ábrense completamente para que poidas acceder facilmente a todo o que gardas.
Unha aparencia atemporal en gris claro con paneis biselados, un obxecto de artesanía con atención aos detalles. Un ambiente cálido e acolledor que deixa ver o teu estilo.
O lavabo dobre de cerámica, de formas suaves e superficies duradeiras, está feito cos mellores materiais para durar moitos anos.
Unhas asas ou tiradores axúdante a crear a solución ideal que se axuste ao teu gusto e estilo. O produto véndese por separado.
Este armario instálase na parede. Transmite unha sensación de amplitude e permite limpar facilmente o chan de debaixo. Podes poñerlle patas se queres.
Combina este produto con outros armarios da serie TÄNNFORSEN e crea unha solución coordinada para o baño que se axuste ás túas necesidades e espazo dispoñible.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Información técnica
VOXNAN
Billa lavabo, cromado
Número de artigo005.332.58Nome de marca | IKEA |
Tipo de tampa | Billa para lavadoiro |
Velocidade máxima de fluxo a 3 bar | 5,7 l/min |
Consumo anual de enerxía | 343 kWh/p.a. |
Presión do servizo recomendada | 1 - 5 bar (0,1 - 0,5 MPa) (14,5 - 72,5 psi) |
Presión do servizo mínima | 0,5 bar (0,05MPa) (7,25 psi) |
Presión estática máxima | 10 bar (1,0MPa) (145,0 psi) |
Máx. grosor do mesado | 50 mm (2") |
Medida do buraco para a montaxe | 34-37 mm (1 3/8-1 7/16") |
Lonxitude dos tubos de conexión | 475 mm (18 3/4") |
Diámetro racor tubo | G 3/8" (R10) |
Temperatura da auga fría recomendada | 10-15˚C (50-59˚F) |
Temperatura da auga quente recomendada | 60-65°C (140-150°F) |
Temperatura máx. da auga quente | 80˚C (176˚F) |
Inclúe filtro | Si |
Certificación de terceiros segundo os estándares locais | ACS, ETA-Danmark, BELGAQUA, KIWA, PZH, SINTEF |
Medicións
- Ancho: 82.1 cm
- fondo: 49.0 cm
- Altura: 74.4 cm
- Fronte do caixón, grosor: 16 mm
Opinións dos clientes
Máis baño, menos cuarto?
Os baños adoitan ter tubos específicos de auga e drenaxe cos que pode ser difícil planificar o traballo. Podemos axudarte.


Unha fusión entre deseño atemporal e prestacións modernas
A familia de baños TÄNNFORSEN lembra aqueles baños de época caracterizados por detalles coidados e unha artesanía elaborada. Non te preocupes, prometémosche que todo está adaptado para o estilo de vida moderno.
"Durante o proceso de planificación dun baño temos que tomar decisións importantes e non podemos deixarnos levar polas modas pasaxeiras", di a deseñadora Sarah Fager. "TÄNNFORSEN ofréceche unha calidade e un deseño no que poderás confiar e que te acompañará durante anos". Para dar co estilo atemporal, Sarah e o seu equipo puxéronse a viaxar polo tempo. "Entre outras cousas estudamos as portas de panel antigas, que nos serviron de inspiración para crear os paneis frontais e laterais da serie. O resultado é un contorno clásico que produce fermosas sombras".
Amobla o baño
Todas as portas e caixóns abren suavemente e dentro encontrarás espazo abondo para gardar as cousas do baño. Porén, non é necesario escondelo todo. As toallas e os botes de perfume poden ir detrás das portas de vidro. "Co armario TÄNNFORSEN con portas de vidro terás máis liberdade á hora de amoblar, xa que pode ir acompañado doutros mobles ou por libre. Por que non poñelo no baño para crear un aspecto máis atemporal? Elixe as asas ou tiradores que queiras e personalízao ó teu gusto".
Un lavabo que realza o estilo
Realza o estilo coa billa mesturadora, mesado e lavabo da túa elección. O lavabo RUTSJÖN en cerámica sólida é un clásico cos bordos elevados para evitar derramamentos. "Se elixes a versión semiencastada do RUTSJÖN terás unha bacía profunda moi práctica e máis espazo para o mesado". Os detalles funcionais e o excelente espazo de almacenaxe permítenche ter as cousas no seu sitio e cada mañá sentiraste como se estiveses nun hotel de época.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Pedíronme que deseñase 3 series de baño novas e distintivas e pensei que unha debería ter unha aparencia atemporal. A serie TÄNNFORSEN inclúe frontes biseladas que van montadas na estrutura do armario. Un aspecto clásico que zumega artesanía e tradición. Gústanme especialmente os paneis biselados nos laterais dos armarios porque lles dan un toque independente. Imposible trabucarse cun deseño tan afectuoso, acolledor e perenne".