Todas as portas e caixóns abren suavemente e dentro encontrarás espazo abondo para gardar as cousas do baño. Porén, non é necesario escondelo todo. As toallas e os botes de perfume poden ir detrás das portas de vidro. "Co armario TÄNNFORSEN con portas de vidro terás máis liberdade á hora de amoblar, xa que pode ir acompañado doutros mobles ou por libre. Por que non poñelo no baño para crear un aspecto máis atemporal? Elixe as asas ou tiradores que queiras e personalízao ó teu gusto".
TÄNNFORSEN / ORRSJÖN Lavabo/pía/billa
Tamén precisarás
Como conseguilo
10 ano de garantía
Que pasa cando combinas as cousas de dúas en dúas? Que terás moito máis sitio de almacenaxe e o dobre de espazo no lavabo. Unha solución brillante para 2 persoas ou máis e así as mañás ser moito máis levadías.
Detalles do produto
Este combo inclúe 2 armarios de lavabo, cada un con 2 caixóns e permite dividir os espazos entre cada membro da casa. O lavabo dobre é perfecto para aquelas familias que comparten horario.
Segundo as túas necesidades e espazo, podes completar esta solución cun espello ou armario con espello que che guste da nosa gama. Véndense por separado.
Unha aparencia atemporal en gris claro con paneis biselados, un obxecto de artesanía con atención aos detalles. Un ambiente cálido e acolledor que deixa ver o teu estilo.
Define o teu propio estilo con asas ou tiradores da nosa ampla gama que se vende por separado.
O lavabo dobre de cerámica, de formas suaves e superficies duradeiras, está feito cos mellores materiais para durar moitos anos.
Esta combinación débese montar na parede. Transmite unha sensación de amplitude e permite limpar facilmente o chan de debaixo. Podes poñerlle patas se queres.
Combina este produto con outros armarios da serie TÄNNFORSEN e crea unha solución coordinada para o baño que se axuste ás túas necesidades e espazo dispoñible.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Información útil
Inclúe: 2 armarios de lavabo con caixóns, 1 lavabo integrado, 1 sifón e 2 billas mesturadoras.
Se tes dúbidas sobre a instalación, contacta cun profesional. A instalación debe realizarse segundo a normativa local sobre construción e fontanaría.
Os pomos e tiradores véndense por separado.
É necesario usar silicona para efectuar a instalación. Non incluída.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Limpar cunha suave solución xabonosa.
As manchas de humidade deben secarse axiña para evitar que penetre a humidade.
Secar cun pano seco.
Non empregar produtos abrasivos, estropallo, obxectos afiados ou punzantes que poidan raiar a superficie do lavabo.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
TÄNNFORSEN Lavabo con caixóns405.351.18TÄNNFORSEN Lavabo con caixóns405.351.18ORRSJÖN Vertedoiro dobre305.450.71ORRSJÖN Vertedoiro dobre305.450.71HAMNSKÄR Billa lavabo405.327.04HAMNSKÄR Billa lavabo405.327.04RÄNNILEN Sifón con tubo flexible, 2 pías105.624.34RÄNNILEN Sifón con tubo flexible, 2 pías105.624.34Información técnica
HAMNSKÄR
Billa lavabo, cromado
Número de artigo405.327.04| Nome de marca | IKEA |
| Tipo de tampa | Billa para lavadoiro |
| Velocidade máxima de fluxo a 3 bar | 5,7 l/min |
| Consumo anual de enerxía | 343 kWh/p.a. |
| Presión do servizo recomendada | 1 - 5 bar (0,1 - 0,5 MPa) (14,5 - 72,5 psi) |
| Presión do servizo mínima | 0,5 bar (0,05MPa) (7,25 psi) |
| Presión estática máxima | 10 bar (1,0MPa) (145,0 psi) |
| Máx. grosor do mesado | 50 mm (2") |
| Medida do buraco para a montaxe | 34-37 mm (1 3/8-1 7/16") |
| Lonxitude dos tubos de conexión | 475 mm (18 3/4") |
| Diámetro racor tubo | G 3/8" (R10) |
| Temperatura da auga fría recomendada | 10-15˚C (50-59˚F) |
| Temperatura da auga quente recomendada | 60-65°C (140-150°F) |
| Temperatura máx. da auga quente | 80˚C (176˚F) |
| Inclúe filtro | Non |
| Certificación de terceiros segundo os estándares locais | ACS, ETA-Danmark, BELGAQUA, KIWA, PZH, SINTEF |
Medicións
- Ancho: 122.3 cm
- fondo: 49.4 cm
- Altura: 74.4 cm
- Fronte do caixón, grosor: 16 mm
Embalaxe
TÄNNFORSEN
Número de artigo405.351.18- Ancho: 57 cm
- Alto: 7 cm
- Longo: 82 cm
- Peso: 15.73 kg
- Paquete(s): 2
- Ancho: 35 cm
- Alto: 10 cm
- Longo: 61 cm
- Peso: 10.58 kg
- Paquete(s): 2
ORRSJÖN
Número de artigo305.450.71- Ancho: 54 cm
- Alto: 18 cm
- Longo: 127 cm
- Peso: 31.04 kg
- Paquete(s): 1
HAMNSKÄR
Número de artigo405.327.04- Ancho: 30 cm
- Alto: 7 cm
- Longo: 37 cm
- Peso: 1.47 kg
- Paquete(s): 2
RÄNNILEN
Número de artigo105.624.34- Ancho: 44 cm
- Alto: 10 cm
- Longo: 55 cm
- Peso: 0.82 kg
- Paquete(s): 1

Unha fusión entre deseño atemporal e prestacións modernas
A familia de baños TÄNNFORSEN lembra aqueles baños de época caracterizados por detalles coidados e unha artesanía elaborada. Non te preocupes, prometémosche que todo está adaptado para o estilo de vida moderno.
"Durante o proceso de planificación dun baño temos que tomar decisións importantes e non podemos deixarnos levar polas modas pasaxeiras", di a deseñadora Sarah Fager. "TÄNNFORSEN ofréceche unha calidade e un deseño no que poderás confiar e que te acompañará durante anos". Para dar co estilo atemporal, Sarah e o seu equipo puxéronse a viaxar polo tempo. "Entre outras cousas estudamos as portas de panel antigas, que nos serviron de inspiración para crear os paneis frontais e laterais da serie. O resultado é un contorno clásico que produce fermosas sombras".
Amobla o baño
Un lavabo que realza o estilo
Realza o estilo coa billa mesturadora, mesado e lavabo da túa elección. O lavabo RUTSJÖN en cerámica sólida é un clásico cos bordos elevados para evitar derramamentos. "Se elixes a versión semiencastada do RUTSJÖN terás unha bacía profunda moi práctica e máis espazo para o mesado". Os detalles funcionais e o excelente espazo de almacenaxe permítenche ter as cousas no seu sitio e cada mañá sentiraste como se estiveses nun hotel de época.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Pedíronme que deseñase 3 series de baño novas e distintivas e pensei que unha debería ter unha aparencia atemporal. A serie TÄNNFORSEN inclúe frontes biseladas que van montadas na estrutura do armario. Un aspecto clásico que zumega artesanía e tradición. Gústanme especialmente os paneis biselados nos laterais dos armarios porque lles dan un toque independente. Imposible trabucarse cun deseño tan afectuoso, acolledor e perenne".








