TÄNNFORSEN Arm alt porta, gris claro, 40x35x195 cm
Tamén precisarás
Como conseguilo
10 ano de garantía
Os detalles clásicos, como os paneis biselados, fan que a serie para baños TÄNNFORSEN sexa unha declaración de intencións. Este armario alto con portas de cristal ofrece moito espazo de almacenaxe en vertical, sen ocupar moita superficie de chan.
Detalles do produto
Este armario ofrece espazos á vista e agochados, xa que a parte superior da porta ten cristal transparente e a inferior un panel.
As portas de vidro transmiten unha sensación de amplitude, permiten ter as cousas á vista e serven como barreira contra o po.
As bisagras con amortecedores integrados aseguran a porta e péchana amodo, en silencio e suavemente.
Podes montar a porta para que se abra dende a dereita ou dende a esquerda.
Cunha asa ou un tirador poderás crear a solución ideal que se axuste ao teu gusto e estilo. Véndense por separado.
Este armario instálase na parede. Transmite unha sensación de amplitude e permite limpar facilmente o chan de debaixo. Podes poñerlle patas se queres.
Inclúe un raíl de suspensión que facilita a instalación do armario na parede. Fixa o raíl na parede e despois colga o armario e asegúrao.
Combina este produto con outros armarios da serie TÄNNFORSEN e crea unha solución coordinada para o baño que se axuste ás túas necesidades e espazo dispoñible.
O exclusivo sistema de tacos a presión facilita a montaxe e permite que os accesorios de fixación queden practicamente invisibles.
Pódenselle poñer 2 patas. As porcas do armario permiten instalalas sen problemas. Véndense por separado.
Unha aparencia atemporal en gris claro con paneis biselados, un obxecto de artesanía con atención aos detalles. Un ambiente cálido e acolledor que deixa ver o teu estilo.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Sarah Fager
Medicións
- fondo: 35 cm
- Altura: 195 cm
- Ancho: 40 cm
- Grosor porta: 16 mm
Opinións dos clientes
Máis baño, menos cuarto?
Os baños adoitan ter tubos específicos de auga e drenaxe cos que pode ser difícil planificar o traballo. Podemos axudarte.


Unha fusión entre deseño atemporal e prestacións modernas
A familia de baños TÄNNFORSEN lembra aqueles baños de época caracterizados por detalles coidados e unha artesanía elaborada. Non te preocupes, prometémosche que todo está adaptado para o estilo de vida moderno.
"Durante o proceso de planificación dun baño temos que tomar decisións importantes e non podemos deixarnos levar polas modas pasaxeiras", di a deseñadora Sarah Fager. "TÄNNFORSEN ofréceche unha calidade e un deseño no que poderás confiar e que te acompañará durante anos". Para dar co estilo atemporal, Sarah e o seu equipo puxéronse a viaxar polo tempo. "Entre outras cousas estudamos as portas de panel antigas, que nos serviron de inspiración para crear os paneis frontais e laterais da serie. O resultado é un contorno clásico que produce fermosas sombras".
Amobla o baño
Todas as portas e caixóns abren suavemente e dentro encontrarás espazo abondo para gardar as cousas do baño. Porén, non é necesario escondelo todo. As toallas e os botes de perfume poden ir detrás das portas de vidro. "Co armario TÄNNFORSEN con portas de vidro terás máis liberdade á hora de amoblar, xa que pode ir acompañado doutros mobles ou por libre. Por que non poñelo no baño para crear un aspecto máis atemporal? Elixe as asas ou tiradores que queiras e personalízao ó teu gusto".
Un lavabo que realza o estilo
Realza o estilo coa billa mesturadora, mesado e lavabo da túa elección. O lavabo RUTSJÖN en cerámica sólida é un clásico cos bordos elevados para evitar derramamentos. "Se elixes a versión semiencastada do RUTSJÖN terás unha bacía profunda moi práctica e máis espazo para o mesado". Os detalles funcionais e o excelente espazo de almacenaxe permítenche ter as cousas no seu sitio e cada mañá sentiraste como se estiveses nun hotel de época.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Pedíronme que deseñase 3 series de baño novas e distintivas e pensei que unha debería ter unha aparencia atemporal. A serie TÄNNFORSEN inclúe frontes biseladas que van montadas na estrutura do armario. Un aspecto clásico que zumega artesanía e tradición. Gústanme especialmente os paneis biselados nos laterais dos armarios porque lles dan un toque independente. Imposible trabucarse cun deseño tan afectuoso, acolledor e perenne".