Saltar

SYMFONISK Lámpada pé con altofalante Wi-Fi, bambú/intelixente

219€
A lámpada véndese á parte. IKEA recomenda a bombilla LED transparente en forma de globo.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Compatible con IKEA Home smart

Altofalante wifi con son a 180 graos e lámpada de pé, todo nun. O globo de bambú emite un brillo cálido e acolledor, e o altofalante un son de moi grandísima calidade. Unha colaboración entre IKEA e Sonos.

Número de artigo505.282.78

Detalles do produto

Coa lámpada de pé SYMFONISTK con altofalante wifi podes crear a atmosfera que buscas. Perfecta para o dormitorio ou canda o sofá da sala.

A tecnoloxía pasa a ser parte da decoración por medio desta combinación de altofalante e lámpada de pé de bambú, para un fogar máis uniforme e elegante.

Conecta 2 altofalantes wifi idénticos para crear a parella perfecta. Tamén podes combinala cunha lámpada altofalante de chan e unha lámpada altofalante de mesa con wifi.

Utilízao como única fonte de son nunha habitación ou combínao con outros produtos da serie SYMFONISK ou Sonos para obter un sistema estéreo.

Podes reproducir música, podcasts e radio por wifi sen as interrupcións de chamadas nin notificacións. A música continúa soando mesmo cando a tablet ou o teléfono están lonxe.

Podes agrupar todos os altofalantes da serie SYMFONISK e de Sonos entre si para reproduciren o mesmo contido ó mesmo tempo e escoitalos por toda a casa.

Escoita un podcast no dormitorio mentres outra persoa escoita música na sala de estar, ou reproducide o mesmo contido en todos os altofalantes. Axusta o volume dos altofalantes un por un ou todos ó mesmo tempo.

É compatible cos principais servizos de subscrición de música en streaming.

Construción estable para minimizar o risco de caída.

Compatible con Airplay 2; permíteche transmitir música en streaming directamente desde os teus dispositivos Apple.

Compatible con Spotify Connect para que escoites música en streaming directamente no altofalante coa app de Spotify.

Deseñador

Iina Vuorivirta

Número de artigo505.282.78

Información útil

As características do altofalante melloraranse a través de actualizacións continuas de software.

Os servizos de música en "streaming" varían dunha rexión a outra. Para máis información sobre a túa, consulta a páxina web de Sonos.

Descarga a aplicación Sonos en Google Play ou App Store, segundo o dispositivo móbil que teñas.

Funciona co sistema de son de Sonos.

Apple e AirPlay son marcas de Apple Inc., rexistradas en EE. UU. e outros países.

Se queres usar AirPlay con SYMFONISK, recomendamos a última versión de iOS, iPadOS ou macOS.

Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.

Controlas o altofalante coa aplicación de Sonos S2.

Este produto pertence á nosa gama de produtos intelixentes para a casa. Conéctao, con outros produtos intelixentes, ao receptor DIRIGERA e á aplicación IKEA Home smart para máis opcións e posibilidades.

A lámpada véndese á parte. IKEA recomenda a bombilla LED transparente en forma de globo.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Corpo da lámpada/ Botóns/ Soporte de pantalla:
NOTRANS
Funda de tea:
NOTRANS
Pé:
NOTRANS
Pantalla:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano húmido.

Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.

Medicións

  • Máx.: 15 W
  • Ancho: 37 cm
  • fondo: 37 cm
  • Altura: 136 cm
  • lonxitude do cable: 350 cm

Embalaxe

Este produto ven en 2 paquete(s).

SYMFONISK

Número de artigo505.282.78
Este produto ten varios vultos
  • Ancho: 37 cm
  • Alto: 33 cm
  • Longo: 39 cm
  • Peso: 9.36 kg
  • Paquete(s): 1
  • Ancho: 19 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 57 cm
  • Peso: 1.59 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.3Valoración media
46Opinións
Sala de estar moderna con lámpada de chan de altofalante wi-fi SYMFONISK a ambos os dous lados do sofá gris. Arte enmarcada na parede, mesa de café de vidro con libros.

Música e luz para crear ambiente

A serie SYMFONISK, unha colaboración con Sonos, sigue a medrar, agora con altofalantes con wifi cos que o son pasará a ser parte do decorado. Agora traemos unha lámpada con pantalla de bambú que emite unha luz agradable e acolledora. Con que tipo de música a vas combinar?

En IKEA sabemos un par de cousas sobre deseño de interiores e sobre vida na casa, pero no caso da serie SYMFONISK o que fixemos foi colaborar con Sonos, que son expertos en son. "É unha combinación única coa que queremos que a xente poida escoitar música e a radio sen que os altofalantes lles rouben espazo", di Stjepan Begic, que leva traballando nesta serie desde o comezo. "Puxémonos mutuamente a proba. E o resultado foi esta lámpada con pantalla de bambú".

Sombras na parede

A lámpada SYMFONISK ten unha base estable. Enriba do altofalante está a pantalla urdida. "Probamos con varios materiais antes de optarmos polo bambú. É un material lixeiro agradable á vista e moi decorativo. A luz vese aínda máis bonita a través da urda, xa que crea fermosas sombras na parede", di Stjepan, quen tamén recomenda unha fonte de luz clara para unha mellor iluminación.

Tecnoloxía agochada

Os expertos de Sonos implicáronse desde o primeiro momento para garantir que todo saía ben e que os altofalantes emitían un son satisfactorio. A idea principal con SYMFONISK era que os altofalantes non quedasen á vista para así aforrar espazo e reducir o número de aparellos e cables. "Este é un sistema que se adapta a todo, tanto dá un apartamento pequeno como unha casa grande. E no caso de a familiar ou a casa medrar, podes integrar máis altofalantes no sistema e encher os cuartos de música e luz.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.