- Compatible con IKEA Home smart
Podes colocar o altofalante en horizontal ou en vertical, ademais de fixalo á parede e empregalo como estante. Permíteche aproveitar mellor o espazo e difunde un son intenso por todo cuarto. Unha colaboración entre IKEA e Sonos.
Detalles do produto
O altofalante nace dunha colaboración entre IKEA e Sonos, e é compatible cos demais produtos Sonos.
Utiliza o altofalante como estante mural fixándoo á parede co soporte SYMFONISK, que se vende por separado.
O altofalante wifi SYMFONISK permíteche transmitir música, radio e podcasts desde os servizos de rede e streaming.
É compatible cos principais servizos de subscrición de música en streaming.
Colga o altofalante SYMFONISK nunha guía ou reixa de parede KUNGSFORS cos ganchos SYMFONISK, que se venden por separado.
Este altofalante emite un son intenso que enche o cuarto e che permite crear o ambiente adecuado en casa.
Cada altofalante contrólase de xeito individual, polo que podes poñer música nun cuarto mentres os nenos escoitan un audiolibro noutro, ou reproducir o mesmo son en toda a casa.
Compatible con Airplay 2; permíteche transmitir música en streaming directamente desde os teus dispositivos Apple.
Podes reproducir música, podcasts e radio por Wifi sen interrupcións de chamadas nin notificacións. A música continúa soando mesmo estando lonxe do teléfono ou a tableta.
Se queres un son estéreo, podes mercar dous altofalantes iguais.
Podes utilizar dous altofalantes idénticos como altofalantes posteriores nun sistema de cine na casa Sonos.
Compatible con Spotify Connect. Poderás reproducir música en streaming co altofalante dende a túa app de Spotify.
M Warnhammar/A Fredriksson
Medicións
- Ancho: 10 cm
- fondo: 15 cm
- Altura: 31 cm
- lonxitude do cable: 150 cm