- Compatible con IKEA Home smart
Compatible con Airplay 2; permíteche transmitir música en streaming directamente desde os teus dispositivos Apple.
Detalles do produto
Compatible con Spotify Connect. Poderás reproducir música en streaming co altofalante dende a túa app de Spotify.
Co cable de alimentación SYMFONISK de 3,5 metros gañarás en flexibilidade.
Ideal se queres ter dous altofalantes idénticos e usalos como altofalantes traseiros dun sistema de cine na casa.
Se queres un son estéreo, podes mercar dous altofalantes iguais.
O altofalante wifi SYMFONISK permíteche transmitir música, radio e podcasts desde os servizos de rede e streaming.
O soporte de chan do altofalante-estante SYMFONISK permíteche integrar facilmente a tecnoloxía na decoración.
É compatible cos principais servizos de subscrición de música en streaming.
O altofalante nace dunha colaboración entre IKEA e Sonos, e é compatible cos demais produtos Sonos.
Este altofalante emite un son intenso que enche o cuarto e che permite crear o ambiente adecuado en casa.
Cada altofalante contrólase de xeito individual, polo que podes poñer música nun cuarto mentres os nenos escoitan un audiolibro noutro, ou reproducir o mesmo son en toda a casa.
Podes reproducir música, podcasts e radio por Wifi sen interrupcións de chamadas nin notificacións. A música continúa soando mesmo estando lonxe do teléfono ou a tableta.
Coas solucións domóticas de IKEA, poderás desfrutar dun fogar máis intelixente grazas ós produtos de iluminación, altofalantes, estores e produtos para mellorar a calidade do aire.
Conecta este produto ao hub DIRIGERA para aproveitalo ao máximo, xunto con outros produtos intelixentes na aplicación IKEA Home smart.
Coa aplicación IKEA Home smart poderás axustar a intensidade das luces, regular estores e altofalantes, controlar estancias, fixar e programar escenas, conectarte a asistentes de voz e moito máis.
Medicións
- diámetro do pé: 30 cm
- Altura: 117 cm
- lonxitude do cable: 150 cm
- Ancho: 10 cm
- fondo: 15 cm