Este molde é un versátil asistente de cociña que che axuda a divertirte cociñando e a obter resultados deliciosos, xa sexa unha pizza, unha quiche ou unha torta de queixo.
Detalles do produto
Un molde ideal para preparar tortas de queixo, mousses, quiches, biscoitos e incluso pizzas.
Leva un revestimento antiadherente para que che resulte máis fácil tanto desmoldar as tortas coma lavar o molde.
Como os lados se quitan abrindo un peche de resorte, resultarache fácil desmoldar as tortas e servilas.
Non é preciso engraxar estes moldes, xa que teñen un revestimento antiadherente, pero se queres, podes facelo para darlle máis sabor ao que enfornes.
O aceiro distribúe a calor de maneira uniforme para que o pan quede branco e esponxoso por dentro e dourado e crocante por fóra.
Fabricado nun resistente aceiro con revestimento antiadherente, para que o contido non se pegue e che resulte doado sacalo.
IKEA of Sweden
Medicións
- diámetro: 22 cm
- Altura: 6 cm