Como conseguilo
O pelo curto e suave fai que esta alfombra sexa cómoda e a súa cor verde pastel daralle á túa estancia un toque harmonioso. O chan é grande? Nese caso xunta varias alfombras e non te preocupes, os bordos quedarán agochados debaixo do pelo.
Detalles do produto
A alfombra densa de pelo curto amortece o son e ofrece un tacto suave en contacto cos pés tanto na sala de estar como no dormitorio.
Os bordos rectos permiten unir varias alfombras entre si para crear unha máis grande sen as unións seren visíbeis.
O lixeiro brillo crea variacións na superficie.
As alfombras están dispoñibles en diferentes tamaños e cores, polo que podes combinalas con facilidade en diferentes partes do teu fogar.
IKEA of Sweden
Información útil
Pódese completar cun STOPP ou STOPP FILT, protectores antiescorregantes de alfombras, para maior seguridade e confort.
Para esta alfombra necesitas 1 protección antiescorregante STOPP FILT (165x235 cm). De ser preciso podes acurtala.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Superficie de desgaste:
- 100% polipropileno
- Lámina protectora:
- 100 % caucho sintético
Mantemento
Non se debe lavar á máquina.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Aspira e rota a alfombra con regularidade.
Manchas secas: elimínaas de xeito inmediato fretando con coidado cara o centro da mancha.
Manchas húmidas: non fretes. Absórbeas con papel de cociña; humedéceas cun pano e un limpador suave.
Limpeza profesional da alfombra cando sexa preciso.
Cando aspires a alfombra para limpala, emprega sempre o accesorio estándar para o chan, nunca o cepillo rotatorio.
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
STOENSE Alfombra, pelo curto206.291.51Medicións
- lonxitude: 240 cm
- Ancho: 170 cm
- superficie: 4.08 m²
- grosor: 18 mm
Embalaxe
STOENSE
Número de artigo206.291.51- Longo: 172 cm
- Peso: 10.10 kg
- Diámetro: 19 cm
- Paquete(s): 1
Opinións
Opinións dos clientes
Accesorios para STOENSE
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Funcionalidade
Sácalle brillo ao chan
Esta alfombra está feita para os sentidos. É grosa e moi agradable ao tacto, absorbe moi ben os ruídos e está feita con cores suaves moi agradables para a vista. Se o que buscas é crear unha versión máis ampla da STOENSE, proba a colocar varias xuntas sen medo, porque a súa textura grosa impide que se vexan os bordos a simple vista.














