Saltar

STOCKHOLM Sofá 3 prazas, Seglora natural

1599€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 25 ano de garantía

  • Firmeza media

Este sofá ten un deseño elegante, con coro de anilina que envellece con moito estilo. A expresión natural da funda fai de cada sofá un produto único e o recheo do coxín resulta moi cómodo.

Número de artigo802.450.51

Detalles do produto

A funda SEGLORA é de coiro anilina da mellor calidade. Co uso e o paso do tempo, gaña en suavidade, escurécese e adquire unha preciosa pátina.

O coiro de anilina é unha pel que non foi pigmentada e unicamente leva unha fina capa protectora. Isto permite que a pel "respire" e que manteña o aspecto natural, coas marcas que fan de cada peza algo único.

Os coxíns do asento e o respaldo ofrécenche a máxima comodidade e recuperan a súa forma rapidamente porque están recheos de escuma de alta elasticidade e fibras de poliéster.

25 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.

Deseñador

Niels Gammelgaard

Número de artigo802.450.51

Información útil

Co paso do tempo a pel do sofá volverase máis suave e escura. Isto é algo natural na pel con flor que só leva un lixeiro revestimento protector.

A pel anilina está pouco tratada e, polo tanto, pode presentar marcas naturais, como engurras ou cicatrices; ademais, a cor pode variar. Tamén é máis sensible ao sol, á sucidade, aos líquidos e ás rabuñaduras que o coiro pigmentado.

Para manter a pel en bo estado, hai que coidala ben. Utiliza o accesorio do cepillo suave da aspiradora e, en caso necesario, limpa a superficie cun pano lixeiramente húmido.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Estrutura:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Coxín de asento:
NOTRANS
Coxín de respaldo:
NOTRANS, NOTRANS
Coxín de repousabrazos:
NOTRANS
Pata:
NOTRANS
Pel:
NOTRANS

Mantemento

Para a limpeza utiliza un plumeiro ou pasa a aspiradora co cepillo suave.

Limpar cun pano húmido.

Non expoñer á luz directa do sol para evitar que reseque.

Seguridade e conformidade

Este asento cumpre coa normativa relevante en materia de resistencia e solidez. O produto tivo que superar probas que consistían en sometelo a unhas condicións normais de uso por parte de persoas cun peso de ata 110 kg.

Medicións

  • Ancho: 211 cm
  • fondo: 88 cm
  • Altura: 80 cm
  • Altura: espazo libre baixo o moble: 14 cm
  • altura do repousabrazos: 72 cm
  • anchura do asento: 158 cm
  • Fondo do asento: 59 cm
  • altura do asento: 43 cm
  • Número de prazas: 3 pack

Embalaxe

STOCKHOLM

Número de artigo802.450.51
  • Ancho: 96 cm
  • Alto: 64 cm
  • Longo: 219 cm
  • Peso: 71.00 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.5Valoración media
194Opinións

Accesorios para STOCKHOLM

Material

Que son os coiros, as peles e os curtidos?

Os coiros, peles e curtidos son materiais duradeiros e resistentes que nos esforzamos por producir da forma máis responsable posible. Por iso só utilizamos subproductos da industria alimentaria e temos requisitos de rastrexabilidade ata os matadoiros, garantindo así sacrificios eticamente correctos. Despois, os materiais trátanse para que poidan utilizarse en produtos de decoración do fogar. Neste proceso non permitimos o uso de cromo, que é potencialmente prexudicial tanto para as persoas como para o medio ambiente.

Calidade

Coiro de anilina SEGLORA, unha funda que envellece con clase

A funda SEGLORA de coiro de anilina está feita co coiro de aparencia natural máis fino. Este coiro ten unha superficie inalterada que é tratada cunha fina capa protectora. Desta maneira torna máis transpirable e mantén as súas marcas naturais e únicas. Xa que logo, SEGLORA é máis sensible ó po e á luz do sol có coiro cun revestimento completo. Co uso e o paso do tempo, gaña en suavidade, escurécese e adquire unha preciosa pátina.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.