Saltar

SPORTSLIG Almacenaxe balón/portería

29,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes usala como portaría e, cando sexa a hora de recoller, para gardar as pelotas dentro. Tan divertida como práctica.

Número de artigo305.042.35

Detalles do produto

Un dos lados longos enrólase e recolle na parte superior, o que che permite transformar o salón nun terreo de xogo nun pispás.

Ideal para gardar pelotas e balóns de todos os tamaños.

Ao ser lixeira, non custa nada movela de sitio.

Resistente xa a coloques recta ou de lado.

Grazas ás tiras de velcro, resulta doado de pechar cando chega a hora de recoller as pelotas.

Ademais de ser un hábito saudable, levar unha vida activa mellora as habilidades motoras e a coordinación das e dos máis pequenos.

Deseñador

Gustav Carlberg

Número de artigo305.042.35

Información útil

Pódese completar con accesorios e produtos téxtiles da serie SPORTSLIG, cun peluche SPARKA ou outras pelotas de peluche da nosa gama.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea/ Reixa:
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
Conector:
NOTRANS

Mantemento

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

A montaxe deste produto ten de realizala unha persoa adulta.Só para uso en interiores.Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • Ancho: 90 cm
  • fondo: 53 cm
  • Altura: 53 cm

Embalaxe

SPORTSLIG

Número de artigo305.042.35
  • Ancho: 9 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 89 cm
  • Peso: 1.63 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.5Valoración media
138Opinións
Sala infantil con portería de almacenamento de balón azul SPORTSLIG nunha alfombra verde. Tres balóns de fútbol nas proximidades. A cama ten sabas de fútbol.

Motivación e movemento

En IKEA e os nenos queremos fomentar un estilo de vida activo, onde actividades como saltar, correr, divertirse e xogar estean máis presentes. Porque os estudos demostran que a actividade física xoga un papel fundamental no benestar infantil e é un investimento a longo prazo.

Maria Ekblom, profesora asociada na facultade de Ciencias do Deporte e da Saúde de Suecia, estuda o impacto que o deporte ten sobre a saúde infantil. "Sabemos con certeza que facer exercicio a unha intensidade adecuada ten un impacto positivo sobre o estado físico, mellora a capacidade muscular, a saúde cardiovascular, regula a presión sanguínea así como os niveis de azucre en sangue".

Ao corpo gústalle moverse

"As pescudas demostran que moverse mellora o benestar mental e ten un impacto positivo sobre determinadas funcións cognitivas. Ademais, a actividade física que fagamos durante a nosa infancia influirá tamén nos nosos hábitos e saúde cando sexamos adultos. Mais, cal é o nivel de actividade adecuado? A Organización Mundial da Saúde (OMS) di que as e os nenos de entre 5 e 17 anos deberían facer polo menos 60 minutos de actividade física diaria a unha intensidade entre moderada e intensa. A maiores aconsella que, un par de veces por semana, sigan unha rutina de adestramento máis intensa a fin de aumentar o seu ritmo cardíaco durante máis tempo.

Marca o ritmo do teu día a día

María tráenos consellos sobre como encontrar o momento e a enerxía necesaria para levar unha rutina de exercicios cotiá. "Se é posible, camiñar ou ir en bicicleta á escola é unha oportunidade estupenda para incorporar unha actividade física ao noso día a día. Do mesmo xeito que quedar cos amigos para xogar ao aire libre, nun lugar seguro". As e os rapaces máis novos teñen un gusto natural pola actividade física, pero poderían necesitar un empurrón segundo vaian medrando, di María. "É importante darlles a oportunidade de practicar deportes e outras actividades adecuadas para a súa idade e que coincidan cos seus intereses. É máis fácil que un hábito saudable se manteña no tempo cando lles gusta o que fan".

Máis información

Funcionalidade

Moverse axuda a desenvolver o corpo

Ás cativas e cativos encántalles xogar e saltar. Desta maneira, sen eles o saber, están a adestrar as súas habilidades motoras. Atravesar un circuíto de obstáculos, xogar cunha pelota ou mesmo reptar por un túnel estreito axúdaos a mellorar o seu sistema sensorial, en especial a coordinación e equilibrio. Moverse é importante para a saúde de pequenos e maiores.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.