Se o chef se cansa de cociñar, esta cociña de xoguete pode transformarse rapidamente nunha tenda ou nun teatro de monicreques. Imaxina que isto se puidera facer cunha cociña de verdade. Sería unha gozada!
Detalles do produto
A fantasía do teu fillo transformará esta cociña de xoguete nun restaurante, un bar, unha botiga ou un teatro de monicreques... ou nalgo totalmente diferente!
Por un lado, unha cociña completa; polo outro, un encerado no que escribir o prato do día ou o espectáculo de monicreques da noite. Ambos lados están divididos por unha fiestra con cortinas ou, por que non, o pano dun teatro.
Fai un clic cando se acende e apaga a placa, igual que as cociñas de verdade.
As cortinas pódense correr cando chegue a hora de ir durmir.
Está feito dun material resistente e duradeiro que pasará de xeración en xeración de pequenos chefs.
Os xogos de rol permiten que os nenos se divirtan mentres procesan impresións e imitan os adultos, o que lles permite entender a súa contorna.
Medicións
- Ancho: 55 cm
- fondo: 37 cm
- Altura: 98 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para SPISIG
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración xuntos nun espazo virtual e atopa os produtos perfectos para crear un espazo divertido e funcional para o teu fillo.


Unha cociña na que xogar sen parar
A miúdo aos nenos gústalles imitar aos adultos. Seguramente fixeches o mesmo, cando eras pequeno e quizá agora ao teu fillo tócalle transformar o salón nun pequeno café ou tenda. A idea coa cociña de xoguete SPISIG era fomentar este xogo de roles, así que pedimos á deseñadora Maria Gustavsson que investigase como podiamos crear unha pequena cociña de xoguete que potencie o xogo.
Copiar os adultos e o xogo de roles de situacións cotiás é importante para os cativos en todo o mundo. Sobre todo nas idades de entre tres e sete anos, o xogo de roles é un xeito divertido de que o pequerrecho procese as imitacións, comprenda o mundo que os arrodea e poñan en práctica ser seres sociais.
Xogo dende os dous lados
A deseñadora Maria Gustavsson ten dous pequechos de seis e dez anos e tiña moi frescas na memoria as súas fases máis intensas do xogo de roles cando lle pediron deseñar a cociña de xoguete SPISIG. "Ademais de cociñar comida de mentira, aos meus fillos gustáballes facer que levaban unha tenda e un restaurante. Isto deume a idea de utilizar a parte posterior da cociña de xoguete e engadir un taboleiro sobre o que escribir os menús".
Unha cociña que pode durar moito tempo
Unha tenda, cafetería, restaurante, teatro de monicreques… Ao facer que SPISIG fose multiúsos, Maria quería inspirar distintos xogos nos que tanto nenos como adultos poidan interactuar facilmente entre si. Moitas familias contan cun espazo limitado, polo que é vantaxoso que o mesmo xoguete se poida utilizar de distintos xeitos (e por varios nenos) ao mesmo tempo. "Senta ben fomentar o xogo dos cativos", di Maria. "Ogallá o SPISIG do teu fillo ou filla acaben por herdalo os irmáns ou amizades para que sigan xogando co produto".
Material
Que é o taboleiro de fibra?
O taboleiro de fibras é un material estable e duradeiro, feito a partir de restos de madeira da industria madeireira. Ao taboleiro engádeselle unha resistente capa externa de pintura ou laminado. A diferenza entre os distintos taboleiros de fibras, como o HDF ou o MDF, é o grosor e a resistencia aos impactos. Isto determina se os utilizaremos para estruturas de cama, estruturas de café, frontes de cociña, portas de armario ou algo totalmente diferente.