SPARKA Peluche, balón mini/azul vermello
Como conseguilo
- Lavable á máquina
Con este pequeno balón de peluche, mesmo os xogadores máis pequenos poden unirse ao partido. Xogar e divertirse cos teus seres queridos crea recordos para toda a vida.
Detalles do produto
Esta pelota branda e lixeira é ideal para xogar ao fútbol dentro de casa.
Ademais de ser un hábito saudable, levar unha vida activa mellora as habilidades motoras e a coordinación das e dos máis pequenos.
Queremos que os nosos peluches repartan amor durante moitos anos, e por iso facémolos con materiais agradables, sometémolos a rigorosos test de lavado e asegurámonos de que non conteñen produtos químicos nocivos.
IKEA of Sweden
Medicións
- diámetro: 12 cm
Opinións dos clientes
As túas olladas
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración xuntos nun espazo virtual e atopa os produtos perfectos para crear un espazo divertido e funcional para o teu fillo.

SostibilidadeAs persoas e o planeta
Enerxía e recursos
É posible encariñarse co plástico?
Queremos reducir a cantidade de material novo nos nosos peluches. Utilizar poliéster reciclado como recheo, e dar así nova vida ao plástico usado, é unha forma de facelo. Por iso embarcámonos nunha viaxe apaixonante coa nosa nova gama de peluches. O noso obxectivo é encher o maior número posible de peluches con poliéster reciclado, sen comprometer a seguridade nin a calidade.

Motivación e movemento
En IKEA e os nenos queremos fomentar un estilo de vida activo, onde actividades como saltar, correr, divertirse e xogar estean máis presentes. Porque os estudos demostran que a actividade física xoga un papel fundamental no benestar infantil e é un investimento a longo prazo.
Maria Ekblom, profesora asociada na facultade de Ciencias do Deporte e da Saúde de Suecia, estuda o impacto que o deporte ten sobre a saúde infantil. "Sabemos con certeza que facer exercicio a unha intensidade adecuada ten un impacto positivo sobre o estado físico, mellora a capacidade muscular, a saúde cardiovascular, regula a presión sanguínea así como os niveis de azucre en sangue".
Ao corpo gústalle moverse
"As pescudas demostran que moverse mellora o benestar mental e ten un impacto positivo sobre determinadas funcións cognitivas. Ademais, a actividade física que fagamos durante a nosa infancia influirá tamén nos nosos hábitos e saúde cando sexamos adultos. Mais, cal é o nivel de actividade adecuado? A Organización Mundial da Saúde (OMS) di que as e os nenos de entre 5 e 17 anos deberían facer polo menos 60 minutos de actividade física diaria a unha intensidade entre moderada e intensa. A maiores aconsella que, un par de veces por semana, sigan unha rutina de adestramento máis intensa a fin de aumentar o seu ritmo cardíaco durante máis tempo.
Marca o ritmo do teu día a día
María tráenos consellos sobre como encontrar o momento e a enerxía necesaria para levar unha rutina de exercicios cotiá. "Se é posible, camiñar ou ir en bicicleta á escola é unha oportunidade estupenda para incorporar unha actividade física ao noso día a día. Do mesmo xeito que quedar cos amigos para xogar ao aire libre, nun lugar seguro". As e os rapaces máis novos teñen un gusto natural pola actividade física, pero poderían necesitar un empurrón segundo vaian medrando, di María. "É importante darlles a oportunidade de practicar deportes e outras actividades adecuadas para a súa idade e que coincidan cos seus intereses. É máis fácil que un hábito saudable se manteña no tempo cando lles gusta o que fan".
Calidade
Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida
Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.
Funcionalidade
Peluches para abrazar unha e outra vez
Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.