Saltar
Novidade

SOLSKYDD Altofalante portátil con Bluetooth, laranxa, 19 cm

49,99€
O cable USB-C e o adaptador USB véndense á parte.
SOLSKYDD Altofalante portátil con Bluetooth, branco, 19 cm
SOLSKYDD Altofalante portátil con Bluetooth, laranxa, 19 cm

Tamén precisarás

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Permíteche escoitar os teus podcasts ou música favorita, só necesitas un teléfono, unha computadora ou outro dispositivo Bluetooth.

Número de artigo106.058.67

Detalles do produto

O altofalante pode cambiar o estado de ánimo e o ambiente da túa casa, ser a escusa para xuntar toda a familia para escoitar un pódcast ou un audiolibro, ou animar a festa con música cando recibas visita.

Este altofalante Bluetooth é fácil de usar e emite un son potente e nítido que podes ampliar facilmente con máis altofalantes Bluetooth con modo altofalante múltiple.

O modo multialtofalante permíteche conectar este altofalante Bluetooth con outros que inclúan esta función e gozar da mesma música desde varios altofalantes.

A función Sotify Tap permíteche reproducir a túa música favorita. Abonda con premer o botón para a música recomezar no punto exacto onde a deixaches.

A función Spotify Tap tamén xera cancións baseadas no teu historial de reprodución, para que poidas descubrir música nova. Preme de novo o botón para cambiar de canción!

Grazas á batería recargable, podes levar a túa música a onde queiras e escoitala horas e horas. Sen cables; sen límites.

Soporte de metal e soporte de parede incluídos; decide se apoiar o altofalante ou se penduralo na parede.

Deseñador

O Wihlborg/T E Severin

Número de artigo106.058.67

Información útil

O cable USB-C e o adaptador USB véndense á parte.

A configuración de son do dispositivo desde o que estás a reproducir a música pode influír moito na calidade do son que emite o altofalante. Comproba a configuración do teu dispositivo e goza da mellor experiencia sonora.

A distancia adecuada entre o dispositivo e o altofalante conectado pode variar en función dos materiais de construción da parede. Sen obstáculo, o alcance é de 10 metros como mínimo.

Ao utilizar varios altofalantes no modo multialtofalante, a distancia libre de interferencias entre o altofalante principal e o outro/resto de altofalante/s é de polo menos 10 metros.

Se estiveres a usar o modo multialtofalante, asegúrate de que o dispositivo desde o que se está a reproducir a música está a unha distancia adecuada do altofalante principal ao que estás conectado.

Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Armario:
NOTRANS
Funda de tea:
NOTRANS
Protector de barrotes:
NOTRANS
Patas:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Este produto leva marcado CE.

Información técnica

SOLSKYDD

Altofalante portátil con Bluetooth, laranxa, 19 cm

Número de artigo106.058.67
Entrada de audioBluetooth®
Spotify Tap™Si
Modo altofalante múltipleSi
Modo stereoNon
Duración da batería (volume ao 50%)25 horas
Potencia total de saída9 W
Configuración do altofalante
Alcance de frecuencia (-6dB)87 - 18000 Hz
SPL máximo81.2 dB
Clasificación IPIP20

Medicións

  • diámetro: 19.4 cm
  • fondo: 13.0 cm
  • Altura: 23.6 cm

Embalaxe

SOLSKYDD

Número de artigo106.058.67
  • Ancho: 20 cm
  • Alto: 7 cm
  • Longo: 21 cm
  • Peso: 1.27 kg
  • Paquete(s): 1

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.