Permíteche escoitar os teus podcasts ou música favorita, só necesitas un teléfono, unha computadora ou outro dispositivo Bluetooth.
Detalles do produto
Deseño elegante e atrevido que se integra no teu fogar. Tanto se montas o altofalante na parede cun soporte como se o apoias nunha parede, pasará a formar parte da túa decoración interior.
O son e a música é quen de reunir as persoas e transformar o ambiente do fogar, ben sexa unha noite de cine en familia, unha cea romántica co teu amor ou unha festa espontánea.
Este altofalante Bluetooth con modo de altofalante múltiple é moi fácil de usar e emite un son vibrante e potente.
A experiencia sonora pode mellorarse engadindo máis altofalantes SOLSKYDD ou outros altofalantes Bluetooth con modo de altofalante múltiple.
O altofalante ten 3 axustes de ecualización, de xeito que podes axustar o son con máis precisión para adaptalo ao teu gusto persoal e ao tipo de música que escoites.
Podes combinar dous altofalantes para obter un son estéreo e tamén conectalos á pantalla para gozar dunha experiencia envolvente cun son claro á esquerda e á dereita.
A función Sotify Tap permíteche reproducir a túa música favorita. Abonda con premer o botón para a música recomezar no punto exacto onde a deixaches.
A función Spotify Tap tamén xera cancións baseadas no teu historial de reprodución, para que poidas descubrir música nova. Preme de novo o botón para cambiar de canción!
Ola Wihlborg
Información útil
A configuración de son do dispositivo desde o que estás a reproducir a música pode influír moito na calidade do son que emite o altofalante. Comproba a configuración do teu dispositivo e goza da mellor experiencia sonora.
A distancia adecuada entre o dispositivo e o altofalante conectado pode variar en función dos materiais de construción da parede. Sen obstáculo, o alcance é de 10 metros como mínimo.
Ao utilizar varios altofalantes no modo multialtofalante, a distancia libre de interferencias entre o altofalante principal e o outro/resto de altofalante/s é de polo menos 10 metros.
Se estiveres a usar o modo multialtofalante, asegúrate de que o dispositivo desde o que se está a reproducir a música está a unha distancia adecuada do altofalante principal ao que estás conectado.
Cando o soporte de parede non se está a utilizar, pódese gardar facilmente na parte posterior do altofalante.
Inclúese cable óptico.
Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Armario:
- NOTRANS
- Funda de tea:
- NOTRANS
- Revestimento respaldo/ Patas:
- NOTRANS
- Protector de barrotes:
- NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
SOLSKYDD Altofalante con Bluetooth905.981.46Consellos e instrucións de coidado
SOLSKYDD Altofalante con Bluetooth905.981.46SOLSKYDD Altofalante con Bluetooth905.981.46Declaración de conformidade
SOLSKYDD Altofalante con Bluetooth905.981.46Información técnica
SOLSKYDD
Altofalante con Bluetooth, branco, 45 cm
Número de artigo905.981.46| Entrada de audio | Bluetooth®, AUX 3,5 mm, Óptica |
| Spotify Tap™ | Si |
| Modo altofalante múltiple | Si |
| Modo stereo | Si |
| Potencia total de saída | 40 W |
| Configuración do altofalante | Tweeter de 1 × 1", Woofer de 2 × 4" |
| Alcance de frecuencia (-6dB) | 45 - 20000 Hz |
| SPL máximo | 89 dB |
| Clasificación IP | IP20 |
Medicións
- fondo: 5.7 cm
- diámetro: 45 cm
- lonxitude do cable: 2 m
Embalaxe
SOLSKYDD
Número de artigo905.981.46- Ancho: 48 cm
- Alto: 7 cm
- Longo: 49 cm
- Peso: 4.54 kg
- Paquete(s): 1






