Para as persoas que queren exhibir o seu lado artista. As pinturas acrílicas SOLFÅGEL son consistentes e fáciles de mesturar para crear a tonalidade que buscas.
Detalles do produto
Xogo de 5 pinturas que combinan e secan ben, deste xeito poderás pintar varias capas cunha pintura ou outra ferramenta. Perfecto para crear texturas e retocar as túas obras de arte.
Fácil de mesturar para crear máis cores e tonalidades.
A colección SOLFÅGEL inclúe produtos artísticos, para principiantes e profesionais.
A colección foi creada a partir da opinión das e dos máis pequenos da casa, e ideada coa axuda de artistas profesionais.
Sarah Fager
Información útil
Inclúe: 5 botellas en vermello, azul, amarelo, branco e negro.
Axitar antes de usar.
A pintura acrílica está pronta para ser utilizada, mais é posible diluíla nunha pequena cantidade de auga se for necesario (máx. 5%). Non utilices máis auga, do contrario a pintura perderá o efecto permanente após secar.
Protexe a roupa mentres pintas. As pinturas acrílicas deixan marcas permanentes na maioría de superficies e materiais.
Limpar as manchas de pintura en roupa e superficies con xabón e agua morna. O procedimento para limpar as ferramentas é o mesmo. Unha vez seca, non é posible eliminar a pintura.
Non usar o produto para pintar o rostro nin o corpo.
Pódese completar con pinceis MÅLA e co cabalete e cadernos de papel de lenzo da colección SOLFÅGEL.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Botella:
- NOTRANS
- Tapa:
- NOTRANS
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
SOLFÅGEL Pintura acrílica105.442.37Medicións
- volume: 375 ml
- Unidades: 5 pack
Embalaxe
SOLFÅGEL
Número de artigo105.442.37- Ancho: 8 cm
- Alto: 5 cm
- Longo: 23 cm
- Peso: 0.61 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Funcionalidade
Ferramentas profesionais para fomentar a creatividade
Para IKEA, a creatividade consiste en explorar o mundo. Creamos a serie SOLFÅGEL após artistas de todo o mundo dicirnos que necesitaban máis ferramentas profesionais. Así que velaquí está, unha serie que fomenta a creatividade e lles permite pulir as súas habilidades. Pinturas acrílicas, lapis de cores para deseñar e sombrear, un caderno de lenzos, un estoxo para os lapis e os pinceis e un cabalete cunha paleta e unha espátula para mesturar as pinturas.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"De adolescente encantábame pintar. Era a miña burbulla particular, onde me sentía ben. A xuventude de hoxe necesita unha burbulla de seu. IKEA creou a colección SOLFÅGEL para axudala. Inclúe todo: un cabalete portátil, pinturas acrílicas e un caderno de lenzos. Todo feito con materiais de primeira para axudarlles a fomentar a súa creatividade. A democracia na arte é algo que levo moi dentro de min".





