Saltar

SOLFÅGEL Estoxo enrolable, beixe

5,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Grazas a este estoxo, os teus lapis e pinceis teñen un lugar de seu. Fácil de enrolar, atar e levar contigo nunha bolsa. Produto fabricado con 40% de poliéster reciclado.

Número de artigo705.563.45

Detalles do produto

Este estoxo ten espazo abondo para todos os teus lapis e pinceis.

A lapela do extremo curto protexe a punta dos lapis.

Ao acabar de debuxar ou pintar, garda os pinceis, enrola o estoxo e faille un nó ás cordas.

Lixeiro e fácil de lavar.

A colección SOLFÅGEL inclúe produtos artísticos, para principiantes e profesionais.

A colección foi creada a partir da opinión das e dos máis pequenos da casa, e ideada coa axuda de artistas profesionais.

Deseñador

Sarah Fager

Número de artigo705.563.45

Información útil

Pódese acompañar con lapis de cores SOLFÅGEL e pinceis MÅLA.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS

Mantemento

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Atención! Non é axeitado para nenos menores de 36 meses polo risco de estrangulamento co cordón.Recomendado para nenos a partir de 4 anos de idade.

Medicións

  • lonxitude: 46 cm
  • Ancho: 21 cm

Embalaxe

SOLFÅGEL

Número de artigo705.563.45
  • Longo: 21 cm
  • Peso: 0.14 kg
  • Diámetro: 5 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.1Valoración media
111Opinións

Funcionalidade

Ferramentas profesionais para fomentar a creatividade

Para IKEA, a creatividade consiste en explorar o mundo. Creamos a serie SOLFÅGEL após artistas de todo o mundo dicirnos que necesitaban máis ferramentas profesionais. Así que velaquí está, unha serie que fomenta a creatividade e lles permite pulir as súas habilidades. Pinturas acrílicas, lapis de cores para deseñar e sombrear, un caderno de lenzos, un estoxo para os lapis e os pinceis e un cabalete cunha paleta e unha espátula para mesturar as pinturas.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"De adolescente encantábame pintar. Era a miña burbulla particular, onde me sentía ben. A xuventude de hoxe necesita unha burbulla de seu. IKEA creou a colección SOLFÅGEL para axudala. Inclúe todo: un cabalete portátil, pinturas acrílicas e un caderno de lenzos. Todo feito con materiais de primeira para axudarlles a fomentar a súa creatividade. A democracia na arte é algo que levo moi dentro de min".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.