SOLFÅGEL Conxunto para debuxar, 3 pezas
Como conseguilo
O conxunto perfecto para aquelas persoas que queiran aprender a debuxar. Contén 1 xogo de 24 lapis de cores, 1 caderno de lenzos e 1 estoxo enrolable onde podes gardar os teus lapis.
Detalles do produto
Xogo de 24 lapis de distintas cores para pintar e debuxar. Perfecto para practicar distintas técnicas de debuxo e para darlle máis complexidade e profundidade ás túas imaxes.
Estes lapis conteñen unha xenerosa cantidade de pigmento. Desta maneira as cores son máis intensas e mantéñense durante máis tempo.
A parte central dos lapis é dura e a punta non rompe facilmente.
Este estoxo ten espazo abondo para todos os teus lapis e pinceis.
A lapela do extremo curto protexe a punta dos lapis.
Lixeiro e fácil de lavar.
Un caderno de lenzos de alta calidade que inclúe 16 follas fáciles de arrancar.
O papel groso e áspero é perfecto para practicar e mellorar as túas habilidades.
A colección SOLFÅGEL inclúe produtos artísticos, para principiantes e profesionais.
A colección foi creada a partir da opinión das e dos máis pequenos da casa, e ideada coa axuda de artistas profesionais.
Información útil
Inclúe: 1 estoxo enrolable, 24 lapis de cores e 1 caderno de lenzo.
As pinturas e os lapis da colección SOLFÅGEL foron probados e non son tóxicos. Porén, non deben ser utilizados directamente sobre o rostro nin o corpo.
As marcas do lapis bórranse da maioría das superficies con xabón e auga tépeda. Non obstante, recoméndase borralas o antes posible.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- NOTRANS
- NOTRANS
- NOTRANS
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Seguridade e conformidade
Medicións
Embalaxe
SOLFÅGEL
Número de artigo105.442.23- Ancho: 21 cm
- Alto: 1 cm
- Longo: 30 cm
- Peso: 0.41 kg
- Paquete(s): 1
SOLFÅGEL
Número de artigo205.442.32- Ancho: 9 cm
- Alto: 2 cm
- Longo: 18 cm
- Peso: 0.13 kg
- Paquete(s): 1
SOLFÅGEL
Número de artigo705.563.45- Longo: 21 cm
- Peso: 0.14 kg
- Diámetro: 5 cm
- Paquete(s): 1

