SMÅSKRAKE Cadeira/mesa infantil multifunción, verde
Como conseguilo
Un moble que ofrece 3 posibilidades, todas elas adaptadas para que crianzas de 1 ano decidan como usalo. Un día pode ser unha cadeira e ao día seguinte unha mesa. E sempre a unha altura que lles resulta cómoda.
Detalles do produto
Podes elixir se queres usar o moble como mesa, como cadeira con respaldo baixo ou como cadeira con asento elevado.
O tamaño do moble vén adaptado para crianzas de 1 ano, de xeito que poidan usar a cadeira e a mesa por si soas.
Combina 2 destes mobles para darlle á túa filla ou fillo unha solución que inclúa cadeira e mesa.
O taboleiro ten o mesmo tamaño ca unha folla A4.
A altura da mesa é perfecta para crianzas de 1 ano.
A estrutura está feita de tubos de aceiro con revestimento en po, inclúe unha capa de pintura resistente e presenta tamén pequenos accesorios de plástico para protexer o chan de posibles riscadas.
A superficie esmaltada do bambú é fácil de secar e de limpar.
S Fager/H Preutz
Medicións
- Ancho: 39 cm
- fondo: 39 cm
- Altura: 39 cm
- anchura do asento: 36 cm
- Fondo do asento: 32 cm
- altura mínima do asento: 16 cm
- altura máxima do asento: 25 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.

Para os abelurios da casa
SMÅSKRAKE é tanto unha mesa como unha cadeira. Porén, para un neno pode ser todo o que el queira. Un escritorio, unha tenda, unha lanzadeir espacial...
"Durante todo estes anos, IKEA fabricou moitos mobles de dimensións reducidas que foron moi populares entre os e as máis pequenas da casa, di Sara Fager, creadora, en colaboración co seu colega Henrik Preutz, da serie SMÅSKRAKE. Inspiráronse en varios mobles infantís populares que anteriormente pertenceron á serie. "No entanto, fixemos SMÅSKRAKE seguindo os requisitos de seguridade modernos. De feito, este é o primeiro moble recomendados para crianzas menores de tres anos. Isto significa que ata os e as máis pequechas da casa o poden utilizar".
Tres mobles nun
Os primeiros bosquexos que Sarah e Henrik se enviaron deviñeron prototipos que seguiron mellorando. "Démoslles a volta e ollámolos desde distintos ángulos, igual que fan as crianzas", di Henrik. "Así foi como descubrimos unha solución flexible, onde o mesmo moble pode actuar tamén como mesa e cadeira en dúas alturas distintas. Ao combinar varias opcións tes máis oportunidades". SMÅSKRAKE é un moble estable, seguro e lixeiro, que permite aos máis pequenos xogar con total liberdade. "Cando deixamos que o probasen, a súa reacción foi tan inesperado como cabería esperar", ri Sarah. "Que poidan mover e adaptar o moble ao seu gusto é moi importante."
Feito para moitos anos de xogos
SMÅSKRAKE está feito de aceiro e bambú. "O bambú conserva a forma, é resistente e agradable ao tacto", explica Henrik. Coas súas distintas alturas, esta mesa-cadeira adáptase aos corpiños máis pequenos que medran a velocidade récord, di Sarah. "E cando finalmente o SMÅSKRAKE queda pequeno, podémosllo regalar a un familiar ou amigo. Ou talvez transformalo nun coche ou en algo completamente distinto.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"No caso de SMÅSKRAKE, inspirámonos nos clásicos mobles infantís que levan anos e anos nos catálogos de IKEA. Porén, queriamos que fosen aínda máis multifuncionais. Torcendo e xirando o prototipo, xusto como as e os nenos fan coas súas cousas, demos coa solución onde o mesmo moble pode actuar como mesa e cadeira. Ao combinar varias opcións tes máis oportunidades. Gústanos a idea de que non hai correcto ou incorrecto con respecto a como os nenos o utilizan".