SLÄKT Estrutura de cama con almacenaxe, branco, 90x200 cm
Tamén precisarás
Como conseguilo
O soño de calquera adolescente. Unha cama con moito sitio para organizar as cousas, desde as camisetas aos xogos, todo en pouco espazo e á man.
Detalles do produto
Os caixóns son doados de abrir e ofrecen espazo para gardar xogos, roupa e demais obxectos que os adolescentes deixan polo chan.
Bordos redondeados, tiradores integrados e poucas fixacións á vista. Esta estrutura de cama é segura e caracterízase por ter un deseño lineal.
Fácil de personalizar segundo o teu gusto e estilo; abonda con elixir a roupa de cama, os coxíns e accesorios que prefiras.
A sección do andel pódese fixar no cabeceiro ou aos pés da cama.
Se precisas almacenaxe adicional, colga MÖJLIGHET preto da cabeceira ou aos pés da cama.
Podes empregar a cama como separador de ambientes porque a parte posterior é da mesma cor que o resto da estrutura.
Os caixóns inferiores ábrense facilmente incluso se tes unha alfombra grosa, grazas á base da estrutura lixeiramente realzada.
Ebba Strandmark
Medicións
- lonxitude: 206 cm
- Ancho: 96 cm
- Altura cabezal: 89 cm
- Altura pés: 71 cm
- Anchura do colchón: 90 cm
- Longo do colchón: 200 cm
- Peso máximo: 100 kg
- Anchura de andel: 42 cm
- Fondo andel: 35 cm
- Ancho de caixón (int): 72 cm
- Fondo de caixón (int): 57 cm
- Altura caixón (int): 14 cm
- Peso máximo/caixón: 15 kg
Opinións dos clientes
Accesorios para SLÄKT

Para todos os rapaces e rapazas que gozan pendurando as pernas.
Cando desenvolvemos a cama SLÄKT con almacenaxe, recibimos axuda dos principais expertos en nenos de todo o mundo: os propios nenos e nenas. 10 cativos de entre 8 e 14 anos tiveron a oportunidade de ver e probar a primeira versión da cama. Ao sentar no bordo da cama coas pernas colgadas, pensaron en aspectos moi fundamentais.
Anna Carme traballa no desenvolvemento do produto en IKEA e os nenos e tivo a idea dunha cama con almacenaxe despois de visitar moitos fogares de familias con fillos por todo o mundo. "Moitas familias contan cun espazo limitado e a falta de espazo é motivo dunha gran frustración. Tamén pode ser difícil para os cativos en idade escolar atopar un espazo de seu no que poidan ter as súas cousas á man".
Sen bordos duros e tiradores
Anna e o seu equipo presentaron a primeira versión da cama con estantes e caixóns, sen tiradores. "Sabemos que os cativos desta idade gozan tirándose na cama e por iso poden magoarse cos tiradores que sobresaian", explica Anna. E, por suposto, os cativos tiráronse na cama cando o equipo os convidou ao Laboratorio infantil, un método estruturado que desenvolvemos para escoitar a opinión e pensamentos dos nenos e nenas. Cando os cativos se acomodaron e sentaron no bordo da cama, as súas ideas comezaron a saír. "Un rapaz sinalou que podía sentir o bordo da cama mentres sentaba coas pernas penduradas", di Anna. "Tamén quería poder saír da cama escorregando con facilidade".
Unha cama dende a perspectiva do cativo
"Os outros nenos concordaron con el e por suposto tamén tiñan razón en querer unha cama na que sentar comodamente", continúa Anna. As opinións dos cativos levou a que se rebaixara o bordo. "Era importante para nós desenvolver unha cama dende a perspectiva dun cativo. Así é como facemos as cousas en IKEA e os nenos. Involucrar os cativos no desenvolvemento do produto permítenos descubrir máis sobre as súas necesidades e soños, e como se meten na cama e saen dela".
Form design process
Creado coa axuda de nenos
As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!