SLÄKT Cabeceira, branco
Tamén precisarás
Como conseguilo
Con esta cabeceira branca poderás cambiar fácil e rapidamente o aspecto da estrutura extensible SLÄKT. Unha solución flexible e económica que acompañará os tempos de crecemento da túa filla ou fillo.
Detalles do produto
A cabeceira móntase facilmente na estrutura de cama extensible SLÄKT.
Deseño atemporal con cantos redondeados e unha superficie resistente ás rabuñaduras para que a cama dure moitos anos.
A cabeceira está dispoñible en varias cores a xogo cos mobles da serie SMÅSTAD. Ideal se queres cambiar a cama conforme as e os máis pequenos van medrando.
Ebba Strandmark
Medicións
- Ancho: 90 cm
- Altura: 40 cm
- grosor: 2.2 cm
- Anchura do colchón: 80 cm
Opinións dos clientes
Material
Que é o taboleiro de fibra?
O taboleiro de fibras é un material estable e duradeiro, feito a partir de restos de madeira da industria madeireira. Ao taboleiro engádeselle unha resistente capa externa de pintura ou laminado. A diferenza entre os distintos taboleiros de fibras, como o HDF ou o MDF, é o grosor e a resistencia aos impactos. Isto determina se os utilizaremos para estruturas de cama, estruturas de café, frontes de cociña, portas de armario ou algo totalmente diferente.
Form design process
Creado coa axuda de nenos
As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!