Como conseguilo
O accesorio para camas SLÄKT fai que a transición dun berce a unha cama grande sexa sinxela e divertida. A forma da casa crea un recanto recollido onde poderedes acomodarvos xuntos mentres a túa filla ou fillo van pegando no sono.
Detalles do produto
Este divertido accesorio para camas SLÄKT fai que a transición do berce á cama sexa un proceso máis ameno e cómodo.
A forma de casa é a alegoría perfecta. Un lugar onde as vosas crianzas se sentirán a salvo á hora de durmir.
Fácil de montar e con espazo para unha lámpada de parede, perfecto para ler antes de durmir.
Ebba Strandmark
Medicións
- Ancho: 95 cm
- fondo: 35 cm
- Altura: 107 cm
- Anchura do colchón: 90 cm
Opinións dos clientes
Form design process
Creado coa axuda de nenos
As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A túa filla ou fillo sentirase seguro mentres dormen cun pequeno espazo de seu. Quero axudarte a crealo co accesorio para camas SLÄKT. Aquí poderedes deitarvos ao lado durante a noite ou mentres lle contas o conto para durmir. A forma da casa inspírase nos cottages suecos, bloquea as distraccións e mellora a relaxación das e dos máis pequenos. É importante que a cama para as e os máis pequenos sexa un lugar seguro e cómodo porque, se a iso lle sumas unha serie de rutinas, luces de noite e fermosos xoguetes de peluche, estarás a asegurar noites tranquilas para toda a familia".