Saltar

SKRATTMÅS Pista de obstáculos

19,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Salta, gabea ou corre para adiante ou para atrás. Son moitas as maneiras que existen de montar e xogar con esta pista de obstáculos. A túa ou o teu pequeno poden xogar sós, aínda que o realmente divertido é xogaren cos seus irmáns e amigos.

Número de artigo005.504.17

Detalles do produto

A pista de obstáculos ofrece diversas actividades para os e as máis pequenas. Poden saltar, gabear, correr, rolar, practicar o equilibrio e mesmo xogar cunha pelota entre os conos. Queren algo máis desafiante? Cronométraos mentres compiten.

Os cerrados pódense colocar nunha posición máis alta ou máis baixa, en función da idade das e dos nenos ou de se queren gatear ou saltar con ambos os pés.

As e os nenos máis vellos poden montar a pista de obstáculos pola súa conta.

Todas as pezas collen nunha bolsa cunha abertura de malla, así que che resultará moi sinxelo mover e gardar a pista de obstáculos.

Feita dun material lixeiro e suave, sen bordos en punta. Non te preocupes se pisan algún cono, xa que se ceden ó peso.

O agasallo perfecto para nenos e nenas activas, xa que a pista de obstáculos fomenta a actividade física e aumenta a confianza.

Ademais de ser un hábito saudable, levar unha vida activa mellora as habilidades motoras e a coordinación das e dos máis pequenos.

Ideal para días chuviosos e festas infantís.

Creado coa axuda de nenas e nenos en sesións divertidas onde expresan as súas ideas e o que pensan. As súas opinións inflúen nas nosas decisións e fan que os nosos produtos sexan mellores. A fin de contas eles son os expertos!

Este produto foi creado coa axuda dun grupo de expertas e expertos en actividades físicas en Generation PEP, incluída Carolina Klüft, a medallista de ouro olímpica sueca.

Deseñador

Gustav Carlberg

Número de artigo005.504.17

Información útil

Inclúe: 2 barreiras e 6 conos.

Posibilidade de completar con máis conxuntos para crear un circuíto de obstáculos máis longo.

Posibilidade de combinar cunha esteira de ximnasio PLUFSIG e con peluches SPARKA.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
Accesorio:
NOTRANS

Mantemento

Non se debe lavar á máquina.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Limpar cun pano húmido.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 5 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Montaxe e documentos

Medicións

Embalaxe

SKRATTMÅS

Número de artigo005.504.17
  • Ancho: 20 cm
  • Alto: 5 cm
  • Longo: 70 cm
  • Peso: 0.86 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
25Opinións
Carreira de obstáculos para nenos azul e laranxa con conos e panda. Mobles brancos, fiestra grande.

Motivación e movemento

En IKEA e os nenos queremos fomentar un estilo de vida activo, onde actividades como saltar, correr, divertirse e xogar estean máis presentes. Porque os estudos demostran que a actividade física xoga un papel fundamental no benestar infantil e é un investimento a longo prazo.

Maria Ekblom, profesora asociada na facultade de Ciencias do Deporte e da Saúde de Suecia, estuda o impacto que o deporte ten sobre a saúde infantil. "Sabemos con certeza que facer exercicio a unha intensidade adecuada ten un impacto positivo sobre o estado físico, mellora a capacidade muscular, a saúde cardiovascular, regula a presión sanguínea así como os niveis de azucre en sangue".

Ao corpo gústalle moverse

"As pescudas demostran que moverse mellora o benestar mental e ten un impacto positivo sobre determinadas funcións cognitivas. Ademais, a actividade física que fagamos durante a nosa infancia influirá tamén nos nosos hábitos e saúde cando sexamos adultos. Mais, cal é o nivel de actividade adecuado? A Organización Mundial da Saúde (OMS) di que as e os nenos de entre 5 e 17 anos deberían facer polo menos 60 minutos de actividade física diaria a unha intensidade entre moderada e intensa. A maiores aconsella que, un par de veces por semana, sigan unha rutina de adestramento máis intensa a fin de aumentar o seu ritmo cardíaco durante máis tempo.

Marca o ritmo do teu día a día

María tráenos consellos sobre como encontrar o momento e a enerxía necesaria para levar unha rutina de exercicios cotiá. "Se é posible, camiñar ou ir en bicicleta á escola é unha oportunidade estupenda para incorporar unha actividade física ao noso día a día. Do mesmo xeito que quedar cos amigos para xogar ao aire libre, nun lugar seguro". As e os rapaces máis novos teñen un gusto natural pola actividade física, pero poderían necesitar un empurrón segundo vaian medrando, di María. "É importante darlles a oportunidade de practicar deportes e outras actividades adecuadas para a súa idade e que coincidan cos seus intereses. É máis fácil que un hábito saudable se manteña no tempo cando lles gusta o que fan".

Máis información

Funcionalidade

Moverse axuda a desenvolver o corpo

Ás cativas e cativos encántalles xogar e saltar. Desta maneira, sen eles o saber, están a adestrar as súas habilidades motoras. Atravesar un circuíto de obstáculos, xogar cunha pelota ou mesmo reptar por un túnel estreito axúdaos a mellorar o seu sistema sensorial, en especial a coordinación e equilibrio. Moverse é importante para a saúde de pequenos e maiores.

Form design process

Creado coa axuda de nenos

As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.