Abrígate despois da ducha ou acomódate para un serán de sofá con este albornoz de listas e cores. O albornoz SKOGSSALLAT está feito con felpa de algodón absorbente, suave e cómoda.
Detalles do produto
Ten o mesmo suave rizo de algodón por dentro que por fóra, para gozares da súa calidez e confort ao saír da ducha.
Abrígate ben coas súas animadas listas vermellas e rosas e cinto azul.
Os petos do albornoz están situados nos laterais, para así evitar que acaben diante da barriga cando o ates. Ideais para quentar as mans, gardar panos, chaves, o teléfono ou o lapis que utilizas para facer as palabras cruzadas.
Inclúe un cinto axustable que che permite atar o albornoz á altura do estómago ou máis arriba, en función do que prefiras.
Darja Nordberg
Información útil
Talles: S/M e L/XL.
Contén como mínimo 10% de algodón reciclado.
Os suavizantes reducen a capacidade de absorción.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- 100% algodón (mín. 10% reciclado)
Mantemento
Encolle un 6% como máximo.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
As cores escuras lávanse por separado.
Non empregar lixivia.
Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 150º C como máximo.
Non limpar en seco.
Medicións
- lonxitude: 112 cm
- densidade da superficie: 380 g/m²
Embalaxe
SKOGSSALLAT
Número de artigo506.113.95- Ancho: 26 cm
- Alto: 11 cm
- Longo: 37 cm
- Peso: 1.17 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cos accesorios téxtiles para baño SKOGSSALLAT quería conseguir que as rutinas diarias fosen un pouco máis cómodas e divertidas, con deseños alegres para toda a familia. Sen esquecer a cor, abofé! As listas nítidas danlle un toque moderno aos famosos padróns de raias de IKEA e os produtos casan á perfección coas toallas SLÅNHÖSTMAL. Agardo que estes accesorios funcionais leven a felicidade e o benestar ás vosas casas".



