- Boca abaixo
Esta almofada proporciona un descanso cómodo grazas ao recheo de poliéster suave e mol, e ao tecido de lyocell e algodón, que transpira e absorbe a humidade.
Detalles do produto
Unha almofada baixa de mantemento sinxelo, confeccionada cun tecido de algodón e lyocell e un recheo de fibras ocas procedentes de materiais reciclados.
Proporciona unha contorna de descanso cómodo e seco, xa que o tecido de lyocell e algodón transpira ben, favorecendo a circulación do aire e a evaporación da humidade.
Se adoitas durmir boca abaixo, esta é a almofada que precisas, porque che permite ter aliñadas as cervicais e a columna vertebral.
A almofada pódese lavar a 60 ºC, temperatura á que morren os ácaros.
Maja Ganszyniec
Medicións
- lonxitude: 40 cm
- Ancho: 90 cm
- Peso do recheo: 520 g
- Peso total: 650 g
Opinións
Opinións dos clientes
Material
Como coidar dunha almofada de poliéster
Cun pouco de amor poderás prolongar a vida da túa almofada de poliéster e facer que sempre luza fresca. Utiliza un deterxente suave e pon a lavadora no ciclo de delicados a 60 °C, a temperatura á que morren os ácaros. Evita utilizar lixivias e suavizantes. As almofadas de poliéster pódense secar ó aire libre ou na secadora. Ventila a almofada con frecuencia, se é posible en contacto directo coa luz do sol.
Calidade
Unha almofada deseñada pensando en ti
En IKEA asegurámonos de que as nosas almofadas cumpran os estándares de calidade máis elevados. O noso equipo de desenvolvedores de produtos traballa arreo para mellorar cada aspecto das almofadas. Isto inclúe a realización de probas exhaustivas do recheo, o confort e a durabilidade para garantir que cumpren os nosos rigorosos requisitos de calidade. Tamén facemos todo o posible por usar materiais duradeiros que che ofrezan un ambiente de descanso confortable e reparador durante moitos anos.