Saltar

SKOGSDUVA Toalla con carapucha, forma de lince/marrón, 70x140 cm

14,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Esta toalla grande con capuz transformará a túa pequena nun lince, cos seus bigotes e guechos. Feita con felpa de algodón moi suave e agradable ao tacto.

Número de artigo205.739.41

Detalles do produto

O lince tamén está dispoñible en forma de suave peluche na colección SKOGSDUVA.

Unha toalla de felpa con capuz para crianzas. 100% de algodón: un material suave e natural moi agradable ao contacto coa pel.

Unha toalla de tacto agradable ideal para secar e abrigar o teu bebé despois do baño, tanto na casa como na praia, xa que é moi grande e absorbente.

Grazas ao lazo, poderás penduralo dun gancho ou pomo.

A práctica capucha axuda a conservar a calor após un relaxante baño e evita que a toalla caia se á túa filla ou fillo lle dá por moverse moito ou saír correndo.

Produto testado, aprobado e sen substancias ou aditivos nocivos.

Fácil de manter limpo; lavar á máquina a 60 °C.

Os seus detalles orixinais conseguirán que as e os máis pequenos da casa devezan pola hora do baño, así que esta toalla é o agasallo perfecto para crianzas e as súas familias.

Por medio dos xoguetes, téxtiles e accesorios da colección SKOGSDUVA queremos fomentar a curiosidade das e dos máis pequenos e que queiran aprender máis sobre as marabillas dos bosques nórdicos e as nosas raíces escandinavas.

Deseñador

Malin Gyllensvaan

Número de artigo205.739.41

Información útil

Se, por mor do desgaste, houber algún lazo ou fío que sobresaía máis ca outros, podes usar unhas tesoiras para cortalos e alinealo co resto.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS

Mantemento

Encolle un 6% como máximo.

Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).

Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.

Non limpar en seco.

Lava este produto antes de usalo por primeira vez.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Medicións

  • lonxitude: 140 cm
  • Ancho: 70 cm
  • Peso: 380 g/m²

Embalaxe

SKOGSDUVA

Número de artigo205.739.41
  • Ancho: 28 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 36 cm
  • Peso: 0.50 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.8Valoración media
49Opinións
Neno en toalla marrón SKOGSDUVA con orellas, sostendo xoguete amarelo. Toalla azul e cesta de cores nas proximidades.

Adéntrate no bosque encantado

As profundidades do bosque agochan vidas secretas. A familia de ourizos vive nunha torada e convidan a té aos seus amigos: o moucho, o coello e moitos máis. Fóra, a lúa escintila entre as árbores e, de socate, aparece unha aurora verde que ilumina o ceo.

"SKOGSDUVA é unha colección que nos leva aos bosques máxicos que, en IKEA, representan unha parte moi importante das nosas orixes escandinavas", di Anna Edlundh, deseñadora de produtos. "A simple vista poderiamos dicir que un bosque é un lugar baleiro e tranquilo, pero se nos fixamos, veremos que está cheo de vida, con animas e plantas... mesmo durante o inverno".

Un mundo para soñar

Na colección de téxtiles para a cama, xoguetes e accesorios encontramos animais típicos de Escandinavia. Ademais da familia de ourizos e os seus amigos, tamén temos o raposo polar, a lontra, o lince e moitos máis. "Nas súas ilustracións, a deseñadora Malin Gyllensvaan creou un mundo marabilloso cheo de detalles: un rato durmindo nunha hamaca e outro vestido cunha gravata de lazo. Todos viven vidas humanas e agardo que vos axuden a crear as vosas propias historias para durmir". Os peluches dan vida ás personaxes das historias e convértense en parte do xogo. "Sabemos que as e os máis pequenos adoran os peluches realistas, por iso traballamos arreo ata darmos coa expresión facial adecuada".

Suaves como o musgo

Unha das cousas que máis lle gustan a Anna é a alfombra verde. "É suave e lene, como o musgo do bosque, e perfecta para xogar. Os coxíns da colección convértense en flores e cogomelos que saen de alfombra". Anna agarda que con esta colección medre o interese por comprender como son os bosques. "A fin de contas, o bosque é o fogar de animais e plantas, por iso é tan importante que axudemos a conservalo".

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"A colección SKOGSDUVA inspírase na miña infancia, cando botaba moitas horas fóra, xogando e creando mundos imaxinarios habitados por distintos animais. Quero que as crianzas saian a explorar a natureza alén da porta principal das súas casas e que sintan que poden dar vida a estes animais tamén nos seus dormitorios. Creo que lles gusta a idea de que os animais poidan levar unha vida humana, con relacións complexas, roupa de seu e casas amobladas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.