SKOGSDUVA Saba axustable
Como conseguilo
- Algodón/Viscosa
- Número de fíos: 152 /inch²
Poder descansar nun fermoso prado rodeado de estrelas é como un soño feito realidade, tanto para os animais do bosque como para as nenas e nenos máis cansados. Especialmente cando o prado está feito de viscosa e algodón que amolece con cada lavado.
Detalles do produto
A saba axustábel é duradeira e de fácil mantemento, só tes que lavala a 60 °C e tendela para que seque. Non é preciso pasarlle o ferro porque queda perfecta unha vez posta no colchón.
Grazas ao bordo elástico, adáptase a colchóns de ata 10 cm de grosor.
Non contén substancias, ftalatos, nin produtos químicos que danen a saúde nin a pel dos nenos.
Por medio dos xoguetes, téxtiles e accesorios da colección SKOGSDUVA queremos fomentar a curiosidade das e dos máis pequenos e que queiran aprender máis sobre as marabillas dos bosques nórdicos e as nosas raíces escandinavas.
Este tecido está acabado con aire a alta presión (AIRO®), polo que a superficie presenta unha maior resistencia, é máis fácil de coidar e resulta máis suave.
Malin Gyllensvaan
Medicións
- lonxitude: 200 cm
- Número de fíos:: 152 /inch²
- Ancho: 90 cm
Opinións dos clientes

Adéntrate no bosque encantado
As profundidades do bosque agochan vidas secretas. A familia de ourizos vive nunha torada e convidan a té aos seus amigos: o moucho, o coello e moitos máis. Fóra, a lúa escintila entre as árbores e, de socate, aparece unha aurora verde que ilumina o ceo.
"SKOGSDUVA é unha colección que nos leva aos bosques máxicos que, en IKEA, representan unha parte moi importante das nosas orixes escandinavas", di Anna Edlundh, deseñadora de produtos. "A simple vista poderiamos dicir que un bosque é un lugar baleiro e tranquilo, pero se nos fixamos, veremos que está cheo de vida, con animas e plantas... mesmo durante o inverno".
Un mundo para soñar
Na colección de téxtiles para a cama, xoguetes e accesorios encontramos animais típicos de Escandinavia. Ademais da familia de ourizos e os seus amigos, tamén temos o raposo polar, a lontra, o lince e moitos máis. "Nas súas ilustracións, a deseñadora Malin Gyllensvaan creou un mundo marabilloso cheo de detalles: un rato durmindo nunha hamaca e outro vestido cunha gravata de lazo. Todos viven vidas humanas e agardo que vos axuden a crear as vosas propias historias para durmir". Os peluches dan vida ás personaxes das historias e convértense en parte do xogo. "Sabemos que as e os máis pequenos adoran os peluches realistas, por iso traballamos arreo ata darmos coa expresión facial adecuada".
Suaves como o musgo
Unha das cousas que máis lle gustan a Anna é a alfombra verde. "É suave e lene, como o musgo do bosque, e perfecta para xogar. Os coxíns da colección convértense en flores e cogomelos que saen de alfombra". Anna agarda que con esta colección medre o interese por comprender como son os bosques. "A fin de contas, o bosque é o fogar de animais e plantas, por iso é tan importante que axudemos a conservalo".
Material
Algodón suave e viscosa lustrosa
Os nórdicos de algodón/viscosa ofrecen un equilibrio harmonioso entre confort e durabilidade. O algodón suave é unha fibra natural transpirable e absorbe a humidade, mentes que a viscosa, de polpa de celulosa, é suave como a seca, seca rápido e presenta un fermoso lustre. Xuntas dan como resultado un nórdico resistente e fácil de lavar que regula a temperatura corporal de maneira natural e ademais, grazas a elas, a túa filla ou fillo durmirán comodamente durante toda a noite. Doces soños!
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A colección SKOGSDUVA inspírase na miña infancia, cando botaba moitas horas fóra, xogando e creando mundos imaxinarios habitados por distintos animais. Quero que as crianzas saian a explorar a natureza alén da porta principal das súas casas e que sintan que poden dar vida a estes animais tamén nos seus dormitorios. Creo que lles gusta a idea de que os animais poidan levar unha vida humana, con relacións complexas, roupa de seu e casas amobladas".