Saltar

SKOGSDUVA Rolo papel corear, floresta encantada, 10 m

4,99€/10 m

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Neste rolo de papel hai bosque encantado agardando que lle dean cor. Perfecto para colorealo nunha mesa ou no chan e así ter aos e ás máis pequenas da casa entretidas durante os días de choiva.

Número de artigo305.788.44

Detalles do produto

Un soño para os e as artistas máis novas. Un "libro para colorear" de 10 metros, que inclúe todo o que podemos encontrar no bosque: animais, insectos, cogomelos e flores. Abre o papel e píntao con rotuladores e acuarelas.

Pintar é unha tarefa ideal para relaxarse logo dun día de moita actividade.

Por medio dos xoguetes, téxtiles e accesorios da colección SKOGSDUVA queremos fomentar a curiosidade das e dos máis pequenos e que queiran aprender máis sobre as marabillas dos bosques nórdicos e as nosas raíces escandinavas.

O agasallo perfecto para as nenas e os nenos amantes do bosque e dos animais que alí moran.

Deseñador

Malin Gyllensvaan

Número de artigo305.788.44

Información útil

Pódese acompañar doutros produtos da colección SKOGSDUVA.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • superficie: 4.30 m²
  • diámetro interior: 3 cm
  • Diámetro exterior: 5 cm
  • lonxitude do rolo: 10 m
  • Ancho: 43 cm
  • lonxitude: 10 m

Embalaxe

SKOGSDUVA

Número de artigo305.788.44
  • Longo: 43 cm
  • Peso: 0.35 kg
  • Diámetro: 5 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.9Valoración media
49Opinións
Rolo de papel SKOGSDUVA con escenas de bosque, cadeira con coxín de cogomelos, peluches.

Adéntrate no bosque encantado

As profundidades do bosque agochan vidas secretas. A familia de ourizos vive nunha torada e convidan a té aos seus amigos: o moucho, o coello e moitos máis. Fóra, a lúa escintila entre as árbores e, de socate, aparece unha aurora verde que ilumina o ceo.

"SKOGSDUVA é unha colección que nos leva aos bosques máxicos que, en IKEA, representan unha parte moi importante das nosas orixes escandinavas", di Anna Edlundh, deseñadora de produtos. "A simple vista poderiamos dicir que un bosque é un lugar baleiro e tranquilo, pero se nos fixamos, veremos que está cheo de vida, con animas e plantas... mesmo durante o inverno".

Un mundo para soñar

Na colección de téxtiles para a cama, xoguetes e accesorios encontramos animais típicos de Escandinavia. Ademais da familia de ourizos e os seus amigos, tamén temos o raposo polar, a lontra, o lince e moitos máis. "Nas súas ilustracións, a deseñadora Malin Gyllensvaan creou un mundo marabilloso cheo de detalles: un rato durmindo nunha hamaca e outro vestido cunha gravata de lazo. Todos viven vidas humanas e agardo que vos axuden a crear as vosas propias historias para durmir". Os peluches dan vida ás personaxes das historias e convértense en parte do xogo. "Sabemos que as e os máis pequenos adoran os peluches realistas, por iso traballamos arreo ata darmos coa expresión facial adecuada".

Suaves como o musgo

Unha das cousas que máis lle gustan a Anna é a alfombra verde. "É suave e lene, como o musgo do bosque, e perfecta para xogar. Os coxíns da colección convértense en flores e cogomelos que saen de alfombra". Anna agarda que con esta colección medre o interese por comprender como son os bosques. "A fin de contas, o bosque é o fogar de animais e plantas, por iso é tan importante que axudemos a conservalo".

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"A colección SKOGSDUVA inspírase na miña infancia, cando botaba moitas horas fóra, xogando e creando mundos imaxinarios habitados por distintos animais. Quero que as crianzas saian a explorar a natureza alén da porta principal das súas casas e que sintan que poden dar vida a estes animais tamén nos seus dormitorios. Creo que lles gusta a idea de que os animais poidan levar unha vida humana, con relacións complexas, roupa de seu e casas amobladas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.