- Lavable á máquina
Sabías que se temos froita e alimentos sans para consumir é grazas ao traballo das laboriosas abellas? A pesar das súas pequenas ás, son quen de transportar o pole e espallalo para que todo poida medrar.
Detalles do produto
As abellas son fundamentais para a vida na terra, xa que axudan a as flores e froitas medraren grazas ao pole que espallan ao voar. Así que coida delas, tanto na casa como fóra dela.
A abella incorpora un laciño inofensivo do que a podes pendurar.
Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.
A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.
Queremos que os nosos peluches repartan amor durante moitos anos, e por iso facémolos con materiais agradables e ollos bordados, sometémolos a rigorosos test de lavado e asegurámonos de que non conteñen produtos químicos nocivos.
O agasallo perfecto para as nenas e os nenos amantes do bosque e dos animais que alí moran.
Por medio dos xoguetes, téxtiles e accesorios da colección SKOGSDUVA queremos fomentar a curiosidade das e dos máis pequenos e que queiran aprender máis sobre as marabillas dos bosques nórdicos e as nosas raíces escandinavas.
Malin Gyllensvaan
Medicións
- lonxitude: 21 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración xuntos nun espazo virtual e atopa os produtos perfectos para crear un espazo divertido e funcional para o teu fillo.


Adéntrate no bosque encantado
As profundidades do bosque agochan vidas secretas. A familia de ourizos vive nunha torada e convidan a té aos seus amigos: o moucho, o coello e moitos máis. Fóra, a lúa escintila entre as árbores e, de socate, aparece unha aurora verde que ilumina o ceo.
"SKOGSDUVA é unha colección que nos leva aos bosques máxicos que, en IKEA, representan unha parte moi importante das nosas orixes escandinavas", di Anna Edlundh, deseñadora de produtos. "A simple vista poderiamos dicir que un bosque é un lugar baleiro e tranquilo, pero se nos fixamos, veremos que está cheo de vida, con animas e plantas... mesmo durante o inverno".
Un mundo para soñar
Na colección de téxtiles para a cama, xoguetes e accesorios encontramos animais típicos de Escandinavia. Ademais da familia de ourizos e os seus amigos, tamén temos o raposo polar, a lontra, o lince e moitos máis. "Nas súas ilustracións, a deseñadora Malin Gyllensvaan creou un mundo marabilloso cheo de detalles: un rato durmindo nunha hamaca e outro vestido cunha gravata de lazo. Todos viven vidas humanas e agardo que vos axuden a crear as vosas propias historias para durmir". Os peluches dan vida ás personaxes das historias e convértense en parte do xogo. "Sabemos que as e os máis pequenos adoran os peluches realistas, por iso traballamos arreo ata darmos coa expresión facial adecuada".
Suaves como o musgo
Unha das cousas que máis lle gustan a Anna é a alfombra verde. "É suave e lene, como o musgo do bosque, e perfecta para xogar. Os coxíns da colección convértense en flores e cogomelos que saen de alfombra". Anna agarda que con esta colección medre o interese por comprender como son os bosques. "A fin de contas, o bosque é o fogar de animais e plantas, por iso é tan importante que axudemos a conservalo".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A colección SKOGSDUVA inspírase na miña infancia, cando botaba moitas horas fóra, xogando e creando mundos imaxinarios habitados por distintos animais. Quero que as crianzas saian a explorar a natureza alén da porta principal das súas casas e que sintan que poden dar vida a estes animais tamén nos seus dormitorios. Creo que lles gusta a idea de que os animais poidan levar unha vida humana, con relacións complexas, roupa de seu e casas amobladas".