Saltar

SKOGSDUVA Peluche, 2 unidades, lontra con cría/marrón beixe, 45 cm

14,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Lavable á máquina

As londras adoran a auga, tanto lles dá a época do ano. Tamén lles encanta estar en familia e teñen moito amor para dar. Estas dúas poden estar separadas ou abrazadas.

Número de artigo905.768.99

Detalles do produto

Sabías que as crías de lontra vive coa súa nai durante o seu primeiro ano de vida? Durante ese tempo, a nai ensínalles a cazar e a vivir en liberdade. Talvez a túa filla lles poida contar algún que outro segredo a estas dúas peludas?

Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.

A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.

Queremos que os nosos peluches repartan amor durante moitos anos, e por iso facémolos con materiais agradables e ollos bordados, sometémolos a rigorosos test de lavado e asegurámonos de que non conteñen produtos químicos nocivos.

O agasallo perfecto para as nenas e os nenos amantes do bosque e dos animais que alí moran.

Por medio dos xoguetes, téxtiles e accesorios da colección SKOGSDUVA queremos fomentar a curiosidade das e dos máis pequenos e que queiran aprender máis sobre as marabillas dos bosques nórdicos e as nosas raíces escandinavas.

Deseñador

Malin Gyllensvaan

Número de artigo905.768.99

Información útil

Pódese acompañar doutros produtos da colección SKOGSDUVA.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
Recheo:
NOTRANS

Mantemento

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado a partir dos 18 meses.Este produto leva marcado CE.

Montaxe e documentos

Consellos e instrucións de coidado

SKOGSDUVA Peluche, 2 unidades905.768.99

Medicións

  • lonxitude: 45 cm

Embalaxe

SKOGSDUVA

Número de artigo905.768.99
  • Ancho: 17 cm
  • Alto: 16 cm
  • Longo: 45 cm
  • Peso: 0.19 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.9Valoración media
117Opinións
SKOGSDUVA londras de peluche marrón / branco con manta branca de malla. Suave, abrazado e realista para os nenos.

Adéntrate no bosque encantado

As profundidades do bosque agochan vidas secretas. A familia de ourizos vive nunha torada e convidan a té aos seus amigos: o moucho, o coello e moitos máis. Fóra, a lúa escintila entre as árbores e, de socate, aparece unha aurora verde que ilumina o ceo.

"SKOGSDUVA é unha colección que nos leva aos bosques máxicos que, en IKEA, representan unha parte moi importante das nosas orixes escandinavas", di Anna Edlundh, deseñadora de produtos. "A simple vista poderiamos dicir que un bosque é un lugar baleiro e tranquilo, pero se nos fixamos, veremos que está cheo de vida, con animas e plantas... mesmo durante o inverno".

Un mundo para soñar

Na colección de téxtiles para a cama, xoguetes e accesorios encontramos animais típicos de Escandinavia. Ademais da familia de ourizos e os seus amigos, tamén temos o raposo polar, a lontra, o lince e moitos máis. "Nas súas ilustracións, a deseñadora Malin Gyllensvaan creou un mundo marabilloso cheo de detalles: un rato durmindo nunha hamaca e outro vestido cunha gravata de lazo. Todos viven vidas humanas e agardo que vos axuden a crear as vosas propias historias para durmir". Os peluches dan vida ás personaxes das historias e convértense en parte do xogo. "Sabemos que as e os máis pequenos adoran os peluches realistas, por iso traballamos arreo ata darmos coa expresión facial adecuada".

Suaves como o musgo

Unha das cousas que máis lle gustan a Anna é a alfombra verde. "É suave e lene, como o musgo do bosque, e perfecta para xogar. Os coxíns da colección convértense en flores e cogomelos que saen de alfombra". Anna agarda que con esta colección medre o interese por comprender como son os bosques. "A fin de contas, o bosque é o fogar de animais e plantas, por iso é tan importante que axudemos a conservalo".

Máis información

Calidade

Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida

Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.

Funcionalidade

Peluches para abrazar unha e outra vez

Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"A colección SKOGSDUVA inspírase na miña infancia, cando botaba moitas horas fóra, xogando e creando mundos imaxinarios habitados por distintos animais. Quero que as crianzas saian a explorar a natureza alén da porta principal das súas casas e que sintan que poden dar vida a estes animais tamén nos seus dormitorios. Creo que lles gusta a idea de que os animais poidan levar unha vida humana, con relacións complexas, roupa de seu e casas amobladas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.