SKOGSDUVA Funda para tallo, forma de cogumelo/vermello branco
Tamén precisarás
Como conseguilo
Con esta suave funda da colección SKOGSDUVA poderás transformar rápida e facilmente un tallo FLISAT ou MAMMUT nun colorido cogomelo. Ideal para acougar un intre após unha tarde enteira de xogos.
Detalles do produto
O recheo de poliéster non se deforma e proporciónalle unha suxeición cómoda e agradable ao corpo do teu fillo.
Fácil de limpar, lavable á máquina en quente (40 °C)
Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.
Este coxín asenta con firmeza e seguridade grazas ao seu bordo elástico.
Por medio dos xoguetes, téxtiles e accesorios da colección SKOGSDUVA queremos fomentar a curiosidade das e dos máis pequenos e que queiran aprender máis sobre as marabillas dos bosques nórdicos e as nosas raíces escandinavas.
Malin Gyllensvaan
Medicións
- diámetro: 30 cm
Opinións dos clientes

Adéntrate no bosque encantado
As profundidades do bosque agochan vidas secretas. A familia de ourizos vive nunha torada e convidan a té aos seus amigos: o moucho, o coello e moitos máis. Fóra, a lúa escintila entre as árbores e, de socate, aparece unha aurora verde que ilumina o ceo.
"SKOGSDUVA é unha colección que nos leva aos bosques máxicos que, en IKEA, representan unha parte moi importante das nosas orixes escandinavas", di Anna Edlundh, deseñadora de produtos. "A simple vista poderiamos dicir que un bosque é un lugar baleiro e tranquilo, pero se nos fixamos, veremos que está cheo de vida, con animas e plantas... mesmo durante o inverno".
Un mundo para soñar
Na colección de téxtiles para a cama, xoguetes e accesorios encontramos animais típicos de Escandinavia. Ademais da familia de ourizos e os seus amigos, tamén temos o raposo polar, a lontra, o lince e moitos máis. "Nas súas ilustracións, a deseñadora Malin Gyllensvaan creou un mundo marabilloso cheo de detalles: un rato durmindo nunha hamaca e outro vestido cunha gravata de lazo. Todos viven vidas humanas e agardo que vos axuden a crear as vosas propias historias para durmir". Os peluches dan vida ás personaxes das historias e convértense en parte do xogo. "Sabemos que as e os máis pequenos adoran os peluches realistas, por iso traballamos arreo ata darmos coa expresión facial adecuada".
Suaves como o musgo
Unha das cousas que máis lle gustan a Anna é a alfombra verde. "É suave e lene, como o musgo do bosque, e perfecta para xogar. Os coxíns da colección convértense en flores e cogomelos que saen de alfombra". Anna agarda que con esta colección medre o interese por comprender como son os bosques. "A fin de contas, o bosque é o fogar de animais e plantas, por iso é tan importante que axudemos a conservalo".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A colección SKOGSDUVA inspírase na miña infancia, cando botaba moitas horas fóra, xogando e creando mundos imaxinarios habitados por distintos animais. Quero que as crianzas saian a explorar a natureza alén da porta principal das súas casas e que sintan que poden dar vida a estes animais tamén nos seus dormitorios. Creo que lles gusta a idea de que os animais poidan levar unha vida humana, con relacións complexas, roupa de seu e casas amobladas".