Saltar

SKOGSDUVA Coxín, forma de flor/branco, 47x8 cm

12,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Este coxín con forma de flor atraerá desde pequenas abellas cargadas de pole até nenos e nenas cansadas de xogar todo o día. Un lugar suave para descansar é todo o que necesitamos após un longo día de esforzos.

Número de artigo805.767.86

Detalles do produto

Un coxín suave e agradable, ideal para os máis pequenos.

Fácil de manter limpo e fresco. Tan só tes que dobrar o coxín e metelo na lavadora a 40 ºC.

Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.

O recheo de poliéster conserva a forma e proporciona unha suave suxeición á cabeza do teu fillo.

Sabemos que os nenos son moi sensibles, pero non te preocupes. Este produto foi probado e non ten substancias, ftalatos nin produtos químicos daniños para a pel ou a saúde dos pequenos.

Por medio dos xoguetes, téxtiles e accesorios da colección SKOGSDUVA queremos fomentar a curiosidade das e dos máis pequenos e que queiran aprender máis sobre as marabillas dos bosques nórdicos e as nosas raíces escandinavas.

Deseñador

Malin Gyllensvaan

Número de artigo805.767.86

Información útil

Pódese acompañar doutros produtos da colección SKOGSDUVA.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
NOTRANS
Recheo:
NOTRANS

Mantemento

Encolle un 4% como máximo.

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Lava este produto antes de usalo por primeira vez.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Medicións

  • diámetro: 47 cm
  • Peso do recheo: 208 g
  • Ancho: 8 cm

Embalaxe

SKOGSDUVA

Número de artigo805.767.86
  • Longo: 4 cm
  • Peso: 0.29 kg
  • Diámetro: 47 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.8Valoración media
75Opinións
Coxín de flor estelar SKOGSDUVA con abellas. poliéster suave e reciclado; máis grande que os xoguetes, fondo de saba verde.

Adéntrate no bosque encantado

As profundidades do bosque agochan vidas secretas. A familia de ourizos vive nunha torada e convidan a té aos seus amigos: o moucho, o coello e moitos máis. Fóra, a lúa escintila entre as árbores e, de socate, aparece unha aurora verde que ilumina o ceo.

"SKOGSDUVA é unha colección que nos leva aos bosques máxicos que, en IKEA, representan unha parte moi importante das nosas orixes escandinavas", di Anna Edlundh, deseñadora de produtos. "A simple vista poderiamos dicir que un bosque é un lugar baleiro e tranquilo, pero se nos fixamos, veremos que está cheo de vida, con animas e plantas... mesmo durante o inverno".

Un mundo para soñar

Na colección de téxtiles para a cama, xoguetes e accesorios encontramos animais típicos de Escandinavia. Ademais da familia de ourizos e os seus amigos, tamén temos o raposo polar, a lontra, o lince e moitos máis. "Nas súas ilustracións, a deseñadora Malin Gyllensvaan creou un mundo marabilloso cheo de detalles: un rato durmindo nunha hamaca e outro vestido cunha gravata de lazo. Todos viven vidas humanas e agardo que vos axuden a crear as vosas propias historias para durmir". Os peluches dan vida ás personaxes das historias e convértense en parte do xogo. "Sabemos que as e os máis pequenos adoran os peluches realistas, por iso traballamos arreo ata darmos coa expresión facial adecuada".

Suaves como o musgo

Unha das cousas que máis lle gustan a Anna é a alfombra verde. "É suave e lene, como o musgo do bosque, e perfecta para xogar. Os coxíns da colección convértense en flores e cogomelos que saen de alfombra". Anna agarda que con esta colección medre o interese por comprender como son os bosques. "A fin de contas, o bosque é o fogar de animais e plantas, por iso é tan importante que axudemos a conservalo".

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"A colección SKOGSDUVA inspírase na miña infancia, cando botaba moitas horas fóra, xogando e creando mundos imaxinarios habitados por distintos animais. Quero que as crianzas saian a explorar a natureza alén da porta principal das súas casas e que sintan que poden dar vida a estes animais tamén nos seus dormitorios. Creo que lles gusta a idea de que os animais poidan levar unha vida humana, con relacións complexas, roupa de seu e casas amobladas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.