Saltar

SKOGSDUVA Bolsa de almacenaxe, motivo animal/multicolor

7,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Unha bolsa práctica e colorida da colección SKOGSDUVA, cun divertido debuxo onde unha familia de ourizos comparte unhas bebidas quentes cos seus amigos. De que estarán a falar?

Número de artigo005.782.80

Detalles do produto

Queres volver a ver os ourizos e os seus amigos de novo? Tamén están dispoñibles en colorido papel de parede de 10 metros de longo na colección SKOGSDUVA.

O abellón, o moucho e o ourizo que podes ver nesta bolsa tamén están dispoñibles en forma de peluche na colección SKOGSDUVA.

Almacenaxe práctica e decorativa que vos facilita a ti e ao teu fillo mantelo todo baixo control: xoguetes, toallas, mantas ou a bogada.

Ao ser lixeira e ter dúas asas nos laterais, os teus fillos poderán levantala e manexala sen problemas.

Tan resistente que se mantén de pé soa, mesmo cando a bolsa está baleira.

Ao ser pregable, aforrarás espazo cando non o uses.

Non contén substancias, ftalatos, nin produtos químicos que danen a saúde nin a pel dos nenos.

O tecido deste produto está feito de poliéster, do cal, polo menos un 90% é reciclado.

Por medio dos xoguetes, téxtiles e accesorios da colección SKOGSDUVA queremos fomentar a curiosidade das e dos máis pequenos e que queiran aprender máis sobre as marabillas dos bosques nórdicos e as nosas raíces escandinavas.

Deseñador

Malin Gyllensvaan

Número de artigo005.782.80

Información útil

Pódese acompañar doutros produtos da colección SKOGSDUVA.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
Tratamento da superficie:
100 % plástico PEVA

Mantemento

Encolle un 4% como máximo.

Lavar á man a 40 °C como máximo.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Medicións

  • diámetro: 41 cm
  • Altura: 42 cm

Embalaxe

SKOGSDUVA

Número de artigo005.782.80
  • Ancho: 31 cm
  • Alto: 2 cm
  • Longo: 35 cm
  • Peso: 0.29 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.9Valoración media
67Opinións
Bolsa de xoguetes SKOGSDUVA con xoguetes de peluche nunha alfombra verde, xunto a unha cama infantil, mostrando un deseño de bosque encantado.

Adéntrate no bosque encantado

As profundidades do bosque agochan vidas secretas. A familia de ourizos vive nunha torada e convidan a té aos seus amigos: o moucho, o coello e moitos máis. Fóra, a lúa escintila entre as árbores e, de socate, aparece unha aurora verde que ilumina o ceo.

"SKOGSDUVA é unha colección que nos leva aos bosques máxicos que, en IKEA, representan unha parte moi importante das nosas orixes escandinavas", di Anna Edlundh, deseñadora de produtos. "A simple vista poderiamos dicir que un bosque é un lugar baleiro e tranquilo, pero se nos fixamos, veremos que está cheo de vida, con animas e plantas... mesmo durante o inverno".

Un mundo para soñar

Na colección de téxtiles para a cama, xoguetes e accesorios encontramos animais típicos de Escandinavia. Ademais da familia de ourizos e os seus amigos, tamén temos o raposo polar, a lontra, o lince e moitos máis. "Nas súas ilustracións, a deseñadora Malin Gyllensvaan creou un mundo marabilloso cheo de detalles: un rato durmindo nunha hamaca e outro vestido cunha gravata de lazo. Todos viven vidas humanas e agardo que vos axuden a crear as vosas propias historias para durmir". Os peluches dan vida ás personaxes das historias e convértense en parte do xogo. "Sabemos que as e os máis pequenos adoran os peluches realistas, por iso traballamos arreo ata darmos coa expresión facial adecuada".

Suaves como o musgo

Unha das cousas que máis lle gustan a Anna é a alfombra verde. "É suave e lene, como o musgo do bosque, e perfecta para xogar. Os coxíns da colección convértense en flores e cogomelos que saen de alfombra". Anna agarda que con esta colección medre o interese por comprender como son os bosques. "A fin de contas, o bosque é o fogar de animais e plantas, por iso é tan importante que axudemos a conservalo".

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"A colección SKOGSDUVA inspírase na miña infancia, cando botaba moitas horas fóra, xogando e creando mundos imaxinarios habitados por distintos animais. Quero que as crianzas saian a explorar a natureza alén da porta principal das súas casas e que sintan que poden dar vida a estes animais tamén nos seus dormitorios. Creo que lles gusta a idea de que os animais poidan levar unha vida humana, con relacións complexas, roupa de seu e casas amobladas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.