Saltar
Novidade

SKATGÅS Xogo candea baixa LED, con bandexa de carga branco

9,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Conexión USB

Utiliza esta candea pequena LED para crear facilmente unha atmosfera acolledora durante case 2 días. Tarda entre 6 e 8 horas en cargar sobre a súa bandexa decorativa, pasado ese tempo volverá a iluminar con intensidade e total seguridade.

Número de artigo006.115.95

Detalles do produto

Estas candeas teñen un tamaño compacto e son moi prácticas. Ademais, o feito de non teren chama fai que poidas colocalas onde queiras con total seguridade.

As candeas pequenas LED tamén veñen cunha bandexa de carga decorativa cun cable USB-A a USB-C co que poderás cargar as baterías con total facilidade.

Unha alternativa segura para fogares con crianzas ou mascotas, xa que as candeas LED permiten decorar calquera estancia sen o risco de provocar un incendio.

Permiten crear unha atmosfera agradable e acolledora tanto en fogares, como en cafeterías e restaurantes.

As candeas pequenas LED teñen unha duración dunhas 35 horas e, como o tempo de carga das súas baterías é de entre 6 e 8 horas, poderalas cargar mentres dormes.

Co pack de 4 candeas pequenas LED SKATGÅS nunca quedarás ás escuras.

A luz LED consume ata un 85 % menos de enerxía e dura 10 veces máis que as lámpadas incandescentes tradicionais.

Deseñador

Willy Chong

Número de artigo006.115.95

Información útil

Cando poñas as candeas pequenas na bandexa de carga para cargalas, estas iluminaranse 1 vez se están ben colocadas.

Cando as candeas pequenas están na bandexa de carga, podes premer o botón da bandexa para comprobar o estado da batería: acenderanse unha vez se a batería está completamente cargada e 3 veces se é necesario cargala.

Inclúe: 4 candeas LED pequenas, 1 bandexa de carga e 1 cable USB-A a USB-C (lonxitude: 1,5 m).

Inclúense 4 pilas recargables Ni-MH 400mAh 2/3AAA 1,2V.

Só para uso en interiores.

Utiliza só pilas compatibles co produto. Non mestures pilas novas e vellas, nin pilas de marca e tipo distinto.

A luz LED ten unha vida útil dunhas 25000 horas. Isto representa unhas 6 horas de funcionamento ao día durante uns 10 anos.

Temperatura da cor: cor cálida (2200 Kelvin).

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Caixa para as pilas/ Fonte luminosa:
NOTRANS
Bandexa:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano húmido.

Medicións

  • Unidades: 4 pack
  • lonxitude: 20 cm
  • Ancho: 6 cm

Embalaxe

SKATGÅS

Número de artigo006.115.95
  • Ancho: 7 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 22 cm
  • Peso: 0.24 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.3Valoración media
7Opinións

Funcionalidade

Comodidade e recollimento duradeiros

Xa coñeces a nosa serie de candeas decorativas LED SKATGÅS? Transmiten a mesma sensación agradable e acolledora cás candeas normais, pero dunha maneira máis segura, sinxela e flexible Cada unha dá luz durante até 35 horas e cárganse sobre a bandexa durante 6-8 horas. Por que non cargalas mentres dormes? E non pasa nada se perdes ou algunha das candeas sofre danos. Completa o kit cun xogo adicional de 4 candeas sen necesidade de mercar outra bandexa de carga.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.