Esta moderna lámpada de teito ten un portalámpadas niquelado e unha luz multicolor LED con forma de elipse que semella unha brillante burbulla de xabón cando os filamentos en forma de espiral alumean a través do cristal dobre.
Detalles do produto
As lámpadas LED son eficiente e duradeiras e teñen unha vida útil dunhas 15000 horas.
Esta lámpada LED emite a mesma luz cálida que a lámpada tradicional de 26 W, sen tremelucir nin emitir ningún son. Xusto o que necesitas para crear unha atmosfera agradable e íntima no cuarto.
O índice de reprodución cromática (IRC) dunha lámpada define o ben que a luz reflicte as cores reais. Un valor superior a 80 é óptimo e aproxímase a unha luz natural.
As lámpadas LED están dispoñibles en distintas temperaturas de cor. Desta forma podes elixir entre luces máis ou menos cálidas. Esta lámpada en concreto emite a mesma intensidade luminosa ca unha candea (1800 Kelvin).
Ilumina a toda potencia en canto acendes a lámpada.
Esta lámpada LED lembra as antigas lámpadas incandescentes. A coroa decorativa dálle un aire tradicional.
A luz LED consome ata un 85 % menos de enerxía e dura 10 veces máis que as bombillas incandescentes tradicionais.
O vidro de cada lámpada fabricouse mediante a técnica artesanal de soprado, polo que cada unha conta cun aspecto único.
Usa unha montura para regular facilmente a lonxitude do cordón da túa lámpada de feito. Cando a lámpada pendure á altura desexada, recolle o resto do cable dentro do friso e, despois, móntao a rentes do teito.
Información útil
Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.
Cólgase do gancho para o teito ou aparafúsase.
Non inclúe o gancho para o teito.
Non inclúe parafusos.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Limpar cun pano seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
SKAFTET Montura para lámpada de teito704.663.64Consellos e instrucións de coidado
SKAFTET Montura para lámpada de teito704.663.64Información técnica
MOLNART
Lámpada LED E27 260 lm
Número de artigo405.404.45| Nome de marca | IKEA |
| Referencia de modelo | LED2125G4 |
| Consumo de enerxía da fonte de luz en modo acendido | 4 kWh/1.000 h |
| Potencia nominal | 4.2 W |
| Fluxo luminoso nominal | 260 lumens |
| Vida útil da lámpada | 15000 h |
Medicións
Embalaxe
MOLNART
Número de artigo405.404.45- Ancho: 16 cm
- Alto: 16 cm
- Longo: 21 cm
- Peso: 0.32 kg
- Paquete(s): 1
SKAFTET
Número de artigo704.663.64- Ancho: 13 cm
- Alto: 10 cm
- Longo: 13 cm
- Peso: 0.41 kg
- Paquete(s): 1




