O cargador USB-C SJÖSS de 65 W con tecnoloxía de carga rápida é perfecto para cargar o portátil en calquera sitio, sen que teñas que levar un aparatoso cargador. Ademais, tamén se pode usar para teléfonos e tablets.
Detalles do produto
Pódese usar con portátiles e outros dispositivos que requiren unha alta potencia nominal, que complementan os nosos produtos con porto USB-C e que son compatibles coa última tecnoloxía de carga rápida.
En comparación cos cargadores de portátil habituais, grazas á súa forma sinxela e ao peso lixeiro, resulta moi fácil de levar onde queiras.
Compatible con carga PD (Power Delivery), para unha subministración eléctrica efectiva e de confianza, esteas onde estiveres.
Compatible coa tecnoloxía de carga rápida máis actual.
Para conseguir a máxima eficiencia e un rendemento óptimos, úsao co cable RUNDHULT USB-C de carga rápida.
Podes personalizar o cargador cos 6 adhesivos de diferentes cores que se inclúen para evitar mesturalo con outros cargadores ou simplemente escolle a túa cor favorita.
Mehmet Mehmetalioglu
Información útil
O cargador USB-C é compatible con Power Delivery (PD 3.0) e Quick Charge (QC 3.0).
A saída USB-C pode fornecer ata 3,25A/65,0W.
A lonxitude e a calidade do cable USB inflúen na velocidade e o rendemento da carga.
O cargador USB-C admite carga rápida. A velocidade de carga está determinada polo dispositivo conectado.
Podes personalizar o cargador USB-C cos adhesivos de cores que se inclúen no paquete.
Non mergullar nunca en auga nin noutros líquidos.
O cable USB-C véndese por separado.
Temperatura de funcionamento do cargador: entre 5°C e 35°C (41°F - 95°F).
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- NOTRANS
Mantemento
Desenchufa o produto da toma eléctrica e límpao cun pano seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
SJÖSS Cargador USB 1 porto 65W006.097.43Medicións
Embalaxe
SJÖSS
Número de artigo006.097.43- Ancho: 5 cm
- Alto: 4 cm
- Longo: 11 cm
- Peso: 0.18 kg
- Paquete(s): 1





