O cargador USB-C SJÖSS de 65 W con tecnoloxía de carga rápida é perfecto para cargar o portátil en calquera sitio, sen que teñas que levar un aparatoso cargador. Ademais, tamén se pode usar para teléfonos e tablets.
Detalles do produto
Pódese usar con portátiles e outros dispositivos que requiren unha alta potencia nominal, que complementan os nosos produtos con porto USB-C e que son compatibles coa última tecnoloxía de carga rápida.
En comparación cos cargadores de portátil habituais, grazas á súa forma sinxela e ao peso lixeiro, resulta moi fácil de levar onde queiras.
Compatible con carga PD (Power Delivery), para unha subministración eléctrica efectiva e de confianza, esteas onde estiveres.
Compatible coa tecnoloxía de carga rápida máis actual.
Para conseguir a máxima eficiencia e un rendemento óptimos, úsao co cable RUNDHULT USB-C de carga rápida.
Podes personalizar o cargador cos 6 adhesivos de diferentes cores que se inclúen para evitar mesturalo con outros cargadores ou simplemente escolle a túa cor favorita.
Mehmet Mehmetalioglu