SINNERLIG Lámpada de teito, bambú/á man, 50 cm
Tamén precisarás
Como conseguilo
A creadora desta pantalla de reixa de bambú é a deseñadora Ilse Crawford. O trenzado achega calidez e proxecta uns decorativos motivos luminosos no cuarto. Como están feitas á man, cada lámpada é única.
Detalles do produto
Cada pantalla feita á man é única.
Proporciona unha iluminación suave e brillante que crea un ambiente cálido e acolledor no teu fogar.
Proporciona luz directa e xeral e é ideal para iluminar a mesa do comedor.
Ilse Crawford
Medicións
- lonxitude do cable: 1.6 m
- diámetro: 50 cm
- Altura: 54 cm
- Máx.: 22 W
- altura total: 160 cm
Opinións dos clientes
As túas olladas
Material
Que é o bambú?
Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"O deseño non sempre consiste en inventar algo novo, ás veces consiste en darlle un contexto novo ás cousas que xa temos ou en mesturar técnicas tradicionais con outras máis modernas. Os mellores resultados poden darse sacando o mellor de ideas non tan novas. Espero que as lámpadas SINNERLIG vos transmitan todo aquilo que nós queremos darvos, sen importar en que parte da casa as poñades".