Como conseguilo
Deixa que a natureza ilumine o teu fogar. Esta singular lámpada pequena de bambú trenzado á man deseñouna Ilse Crawford. O material achega calidez e crea uns decorativos motivos luminosos no cuarto.
Detalles do produto
Cada lámpada é única, xa que ao ser bambú, presenta variacións naturais de cor; ademais, foi trenzada por un experto artesán.
O material achega un aire natural á decoración e transmite sensación de calma e calidez.
Esta versión máis pequena da lámpada de teito SINNERLIG é perfecta para quen viven nun espazo pequeno ou se queres colgar varias lámpadas en fila.
Proporciona unha iluminación suave e brillante que crea un ambiente cálido e acolledor no teu fogar.
Proporciona luz directa e xeral e é ideal para iluminar a mesa do comedor.
Ilse Crawford
Información útil
A lámpada véndese á parte. IKEA recomenda a lámpada LED E27.
Posibilidade de separar para reciclar ou recuperar enerxía, se estiver dispoñible na túa zona.
Cada produto é unha creación artística única, realizada á man, con variacións naturais de forma e cor.
Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.
Utiliza unha bombilla transparente se a lámpada ten unha pantalla perforada ou recortada e queres que os motivos se proxecten nas paredes e o teito.
Para pendurar dun gancho no teito.
Non inclúe o gancho para o teito.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Cubrecables de teito:
- NOTRANS
- Pantalla:
- NOTRANS, NOTRANS
- Soporte pantalla:
- NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Limpar cun plumeiro.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
SINNERLIG Lámpada de teito005.085.36Medicións
- diámetro: 27 cm
- Altura: 28 cm
- lonxitude do cable: 1.6 m
- Máx.: 13 W
Embalaxe
SINNERLIG
Número de artigo005.085.36- Ancho: 29 cm
- Alto: 18 cm
- Longo: 29 cm
- Peso: 0.72 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Material
Que é o bambú?
Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"O deseño non sempre consiste en inventar algo novo, ás veces consiste en darlle un contexto novo ás cousas que xa temos ou en mesturar técnicas tradicionais con outras máis modernas. Os mellores resultados poden darse sacando o mellor de ideas non tan novas. Espero que as lámpadas SINNERLIG vos transmitan todo aquilo que nós queremos darvos, sen importar en que parte da casa as poñades".






