Saltar

SINNERLIG Lámpada de pé, bambú/á man

59,99€
A lámpada véndese á parte. IKEA recomenda a lámpada LED E27.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Deixa que a natureza ilumine o teu fogar. Esta lámpada de chan única feita en bambú tecido á man foi deseñada por Ilse Crawford. O material ofrece un brillo cálido e acolledor e crea motivos luminosos decorativos.

Número de artigo305.012.13

Detalles do produto

Cada pantalla de lámpada é única, xa que ao ser de bambú, presenta variacións naturais de cor; ademais, foi trenzada por un experto artesán.

Proporciona unha iluminación suave e brillante que crea un ambiente cálido e acolledor no teu fogar.

O material achega un aire natural á decoración e transmite sensación de calma e calidez.

Deseñador

Ilse Crawford

Número de artigo305.012.13

Información útil

A lámpada véndese á parte. IKEA recomenda a lámpada LED E27.

No se deseñou para que o usen nenos.

Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.

Posibilidade de separar para reciclar ou recuperar enerxía, se estiver dispoñible na túa zona.

Cada produto é unha creación artística única, realizada á man, con variacións naturais de forma e cor.

Utiliza unha bombilla transparente se a lámpada ten unha pantalla perforada ou recortada e queres que os motivos se proxecten nas paredes e o teito.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Pantalla:
NOTRANS, NOTRANS
Soporte pantalla/ Base/ Pata:
NOTRANS, NOTRANS
Pé:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun plumeiro.

Limpar cun pano seco.

Ao bambú convenlle unha contorna fresca e seca cunha temperatura constante.

Utiliza un pano húmido e evita deterxentes fortes.

Seguridade e conformidade

Só para uso en interiores.Este produto leva marcado CE.

Montaxe e documentos

Consellos e instrucións de coidado

SINNERLIG Lámpada de pé305.012.13

Medicións

  • Máx.: 13 W
  • diámetro do pé: 52 cm
  • lonxitude do cable: 3.2 m
  • Altura: 127 cm
  • diámetro da pantalla: 27 cm

Embalaxe

SINNERLIG

Número de artigo305.012.13
  • Ancho: 29 cm
  • Alto: 18 cm
  • Longo: 60 cm
  • Peso: 2.35 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.8Valoración media
59Opinións

Material

Que é o bambú?

Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"O deseño non sempre consiste en inventar algo novo, ás veces consiste en darlle un contexto novo ás cousas que xa temos ou en mesturar técnicas tradicionais con outras máis modernas. Os mellores resultados poden darse sacando o mellor de ideas non tan novas. Espero que as lámpadas SINNERLIG vos transmitan todo aquilo que nós queremos darvos, sen importar en que parte da casa as poñades".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.