O que acontece ao xirar un dos mandos? Onde vai a cazarola? Nesta cociña de xoguete, a túa filla ou fillo poden cociñar e inventar as súas propias receitas mentres adestran o pensamento lóxico e melloran as súas habilidades motoras.
Detalles do produto
Esta cociña de xoguete ten un fogón mecánico que torna vermello ao xirar os mandos para así simular a intensidade do lume. Tamén incorpora un microondas, un vertedoiro, un forno e espazo para accesorios de xoguete pequenos.
A nena ou o neno oen un son cada vez que xiran os mandos da cociña.
Os detalles realistas mostran distintas temperaturas e opcións. Igualiño que nunha cociña de verdade.
Incorpora cinco ganchos dos que a túa filla ou fillo poderán pendurar en ringleira os seus utensilios de cociña.
Un deseño sinxelo en cores neutras con detalles de madeira que combinan á perfección con outros enfeites que haxa na cociña ou no seu dormitorio.
A lonxitude das patas pode regularse en tres posicións para adaptarse á altura do neno.
Na cociña de xoguete, os máis pequenos melloran as súas habilidades motoras (usando os utensilios), aprenden as conexións acción-consecuencia (xirando os mandos) e aprenden a facer as cousas na orde correcta (primeiro cociñar e despois lavar).
Anima aos nenos a facer xogos de interpretación, que lles axudan a desenvolver as súas aptitudes sociais imitando os adultos e inventando os seus propios roles.
Mikael Axelsson
Información útil
O vertedoiro pódese desmontar para facilitar a limpeza.
Por seguridade, é necesario ancorar o produto á parede segundo as instrucións de montaxe.
Con accesorios de xoguete como verduras, utensilios e olas (véndense por separado), xogar é aínda máis divertido.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Compoñentes principais/ Panel posterior:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Ventá:
- NOTRANS
- Pomos:
- NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Secar cun pano seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
SILLTRUT Cociña para crianzas205.444.92SILLTRUT Cociña para crianzas205.444.92Medicións
- fondo: 40 cm
- Altura: 100 cm
- Ancho: 68 cm
Embalaxe
SILLTRUT
Número de artigo205.444.92- Ancho: 39 cm
- Alto: 15 cm
- Longo: 73 cm
- Peso: 17.47 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Funcionalidade
Xogo de roles para usar a imaxinación
Cando as e os nenos xogan a imitar os seus pais e outros adultos, están a procesar os seus sentimentos e a comprender o mundo que as e os rodea. Meter unha peluche na cama, construír unha estrada, cociñar na cociña de xoguete e servir a comida é moito máis ca un xogo. Axúdalles a mellorar as súas habilidades motoras e as capacidades sociais e cognitivas. Hai moito que aprender!




