Como conseguilo
- Lavable á máquina
Un guepardo pequeniño e suave, perfecto para abrazalo para sentirse seguro. A través da maxia do xogo, o teu fillo aprenderá máis sobre os animais e as súas necesidades.
Detalles do produto
Sabías que os cachorros de guepardo se achegan ao rabo da súa nai cando practican para cazar? Leva este suave xoguete contigo na próxima excursión familiar e dálle ao teu neno ou nena un motivo divertido para que te siga a todos os lugares aos que vaias!
Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.
A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.
Queremos que os nosos peluches repartan amor durante moitos anos, e por iso facémolos con materiais agradables e ollos bordados, sometémolos a rigorosos test de lavado e asegurámonos de que non conteñen produtos químicos nocivos.
O agasallo perfecto para os nenos e nenas aos que lles fascina a vida salvaxe da sabana.
Emprende unha aventura na sabana! Con todos os xoguetes, tecidos e accesorios da nosa colección SANDLÖPARE, convidámoste a un mundo cheo de cor, descubrimentos e aprendizaxe.
Combina moi ben con outros produtos da colección SANDLÖPARE.
IKEA of Sweden
Medicións
- lonxitude: 24 cm

Intérnate nas aventuras da sabana
Escoitas o murmurio da herba no vento? E o bruído do elefante? Esquécete dos paseos con gatiños e cans. Agora estás no mundo dos bramidos e as carreiras. Un mundo no que cadaquén ten a súa estratexia para sobrevivir, tanto se é correndo, como agochándose ou cazando. Desata a túa imaxinación e comeza a túa viaxe pola sabana.
"Coas ilustracións de SANDLÖPARE, quería que os nenos descubrisen pouquiño a pouco os animais. Os animais salvaxes agóchanse moi ben, así que, se queres xogar con eles, primeiro terás que atopalos", di a ilustradora Anna Lagerström.
Xoga e aprende cos animais salvaxes
Na colección SANDLÖPARE, os tallos convértense en cebras, o albornoz transfórmanos en guepardo e as alfombras son serpes. Aquí atopámonos con animais fascinantes, como os guepardos, as xirafas, as suricatas e os chimpancés, tanto en forma de peluches como de ilustracións. Agora podemos explorar a sabana con total seguridade e aprender sobre todos os animais que viven aquí sen perturbar o seu fráxil hábitat. "En colaboración coa ilustradora Anna Lagerström e o conservatorio sueco da fauna silvestre, Nordens Ark, esta colección pretende inspirar ao xogo, pero tamén ensinarlles os nenos máis cousas sobre os animais en perigo de extinción", afirma la desenvolvedora de produtos Anna Edlundh. "Coa axuda de Nordens Ark, agora podemos garantir que os nosos peluches e ilustracións se achegan aínda máis á realidade". "Crear materiais educativos sen textos é complicado, pero creo que o conseguimos co libro de actividades SANDLÖPARE. Aquí poden aprender sobre a envergadura das aves ou sobre a pegada de cada animal", explica o desenvolvedor de produtos Jorge Omar Santoyo Henaine.
Dálle vida ao cuarto
Con pequenos detalles, a sabana pode cobrar vida na casa. Cambiando a roupa de cama, poñéndolle ao tallo unha funda ou pegando adhesivos decorativos nas paredes e os postes da cama, pódese transformar un cuarto infantil nun reino animal.
Calidade
Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida
Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.
Form design process
Crea conciencia sobre as especies ameazadas
IKEA colabora con Nordens Ark, unha fundación sen ánimo de lucro que traballa na conservación da natureza, así como a cría e liberación, a investigación e a educación. Esta colaboración permitiunos comprender mellor os esforzos precisos para protexer os animais salvaxes. Apoiamos a fundación divulgando coñecementos sobre as especies en perigo de extinción tanto a cativos como a adultos. Xunto con Nordens Ark, seguimos a desenvolver produtos que esperten a curiosidade sobre o noso planeta e a súa incrible natureza e vida salvaxe.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"No caso da colección SANDLÖPARE, a miña idea era crear un mundo emocionante e colorido, onde os e as máis pequenas decidisen a súa historia e a que queren xogar, utilizando para iso a súa imaxinación e espontaneidade, no canto de darlles algo xa feito. As agochadas foi o punto de partida, por iso hai detalles de deseño agochados á mantenta e sempre hai algo máis que descubrir, explorar e co que interactuar. Os nenos e nenas non son simples espectadores, tamén son exploradores e heroes na súa propia aventura na sabana".