Saltar
Novidade

SANDLÖPARE Funda para tallo, negro branco/padrón de cebra, 38 cm

5,99€

Tamén precisarás

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Transforma o tallo MAMMUT ou FLISAT nunha suave cebra con rabo utilizando esta divertida funda acolchada feita de poliéster reciclado. Crea unha temática inspirada na sabana con máis obxectos da colección SANDLÖPARE.

Número de artigo806.032.09

Detalles do produto

Ten as dimensións axeitadas para transformar un tallo MAMMUT ou FLISAT nunha comodísima cebra na que sentar.

Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.

O recheo de poliéster non se deforma e proporciónalle unha suxeición cómoda e agradable ao corpo do teu fillo.

Este coxín asenta con firmeza e seguridade grazas ao seu bordo elástico.

Fácil de limpar, lavable á máquina en quente (40 °C)

Deseñador

Anna Lagerström

Número de artigo806.032.09

Información útil

Pódese usar en tallos FLISAT ou MAMMUT.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
NOTRANS
Recheo:
NOTRANS

Mantemento

Encolle un 4% como máximo.

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Lava este produto antes de usalo por primeira vez.

Medicións

  • diámetro: 38 cm

Embalaxe

SANDLÖPARE

Número de artigo806.032.09
  • Alto: 8 cm
  • Peso: 0.13 kg
  • Diámetro: 30 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
9Opinións
Cuberta de taburetes temática cebra con raias brancas e negras, material suave, encaixa para taburetes infantís, pequenos e bonitos.

Intérnate nas aventuras da sabana

Escoitas o murmurio da herba no vento? E o bruído do elefante? Esquécete dos paseos con gatiños e cans. Agora estás no mundo dos bramidos e as carreiras. Un mundo no que cadaquén ten a súa estratexia para sobrevivir, tanto se é correndo, como agochándose ou cazando. Desata a túa imaxinación e comeza a túa viaxe pola sabana.

"Coas ilustracións de SANDLÖPARE, quería que os nenos descubrisen pouquiño a pouco os animais. Os animais salvaxes agóchanse moi ben, así que, se queres xogar con eles, primeiro terás que atopalos", di a ilustradora Anna Lagerström.

Xoga e aprende cos animais salvaxes

Na colección SANDLÖPARE, os tallos convértense en cebras, o albornoz transfórmanos en guepardo e as alfombras son serpes. Aquí atopámonos con animais fascinantes, como os guepardos, as xirafas, as suricatas e os chimpancés, tanto en forma de peluches como de ilustracións. Agora podemos explorar a sabana con total seguridade e aprender sobre todos os animais que viven aquí sen perturbar o seu fráxil hábitat. "En colaboración coa ilustradora Anna Lagerström e o conservatorio sueco da fauna silvestre, Nordens Ark, esta colección pretende inspirar ao xogo, pero tamén ensinarlles os nenos máis cousas sobre os animais en perigo de extinción", afirma la desenvolvedora de produtos Anna Edlundh. "Coa axuda de Nordens Ark, agora podemos garantir que os nosos peluches e ilustracións se achegan aínda máis á realidade". "Crear materiais educativos sen textos é complicado, pero creo que o conseguimos co libro de actividades SANDLÖPARE. Aquí poden aprender sobre a envergadura das aves ou sobre a pegada de cada animal", explica o desenvolvedor de produtos Jorge Omar Santoyo Henaine.

Dálle vida ao cuarto

Con pequenos detalles, a sabana pode cobrar vida na casa. Cambiando a roupa de cama, poñéndolle ao tallo unha funda ou pegando adhesivos decorativos nas paredes e os postes da cama, pódese transformar un cuarto infantil nun reino animal.

Máis información

Form design process

Crea conciencia sobre as especies ameazadas

IKEA colabora con Nordens Ark, unha fundación sen ánimo de lucro que traballa na conservación da natureza, así como a cría e liberación, a investigación e a educación. Esta colaboración permitiunos comprender mellor os esforzos precisos para protexer os animais salvaxes. Apoiamos a fundación divulgando coñecementos sobre as especies en perigo de extinción tanto a cativos como a adultos. Xunto con Nordens Ark, seguimos a desenvolver produtos que esperten a curiosidade sobre o noso planeta e a súa incrible natureza e vida salvaxe.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"No caso da colección SANDLÖPARE, a miña idea era crear un mundo emocionante e colorido, onde os e as máis pequenas decidisen a súa historia e a que queren xogar, utilizando para iso a súa imaxinación e espontaneidade, no canto de darlles algo xa feito. As agochadas foi o punto de partida, por iso hai detalles de deseño agochados á mantenta e sempre hai algo máis que descubrir, explorar e co que interactuar. Os nenos e nenas non son simples espectadores, tamén son exploradores e heroes na súa propia aventura na sabana".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.