Saltar
Novidade

SANDLÖPARE Bolsa de almacenaxe, multicolor/sabana

7,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Unha bolsa co debuxo dunha fermosa sabana e con moita capacidade, para que poidas gardar xoguetes, toallas ou roupa. Lixeira, resistente, non envorca e inclúe dúas asas para maior comodidade.

Número de artigo806.127.08

Detalles do produto

Almacenaxe práctica e decorativa que vos facilita a ti e ao teu fillo mantelo todo baixo control: xoguetes, toallas, mantas ou a bogada.

A bolsa é lixeira e inclúe dúas agarradoiras, polo que é moi manexable.

Ao ser pregable, aforrarás espazo cando non o uses.

A suricata, a xirafa e o mono tamén están dispoñibles como peluches en dous tamaños na colección SANDLÖPARE.

Perfecta para combinar coa bolsa de almacenaxe e o protector de escritorio SANDLÖPARE, así como coa cortina para cama KURA, xa que teñen o mesmo estampado.

O tecido deste produto está feito de poliéster, do cal, polo menos un 90% é reciclado.

Deseñador

Anna Lagerström

Número de artigo806.127.08

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
Tratamento da superficie:
100 % plástico PEVA

Mantemento

Encolle un 4% como máximo.

Lavar á man a 40 °C como máximo.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Medicións

  • diámetro: 41 cm
  • Altura: 42 cm

Embalaxe

SANDLÖPARE

Número de artigo806.127.08
  • Ancho: 31 cm
  • Alto: 2 cm
  • Longo: 35 cm
  • Peso: 0.29 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
8Opinións
Guepardo recheo que mira desde unha bolsa de almacenamento grande, colorida, temática de sabana con mangos robustos.

Intérnate nas aventuras da sabana

Escoitas o murmurio da herba no vento? E o bruído do elefante? Esquécete dos paseos con gatiños e cans. Agora estás no mundo dos bramidos e as carreiras. Un mundo no que cadaquén ten a súa estratexia para sobrevivir, tanto se é correndo, como agochándose ou cazando. Desata a túa imaxinación e comeza a túa viaxe pola sabana.

"Coas ilustracións de SANDLÖPARE, quería que os nenos descubrisen pouquiño a pouco os animais. Os animais salvaxes agóchanse moi ben, así que, se queres xogar con eles, primeiro terás que atopalos", di a ilustradora Anna Lagerström.

Xoga e aprende cos animais salvaxes

Na colección SANDLÖPARE, os tallos convértense en cebras, o albornoz transfórmanos en guepardo e as alfombras son serpes. Aquí atopámonos con animais fascinantes, como os guepardos, as xirafas, as suricatas e os chimpancés, tanto en forma de peluches como de ilustracións. Agora podemos explorar a sabana con total seguridade e aprender sobre todos os animais que viven aquí sen perturbar o seu fráxil hábitat. "En colaboración coa ilustradora Anna Lagerström e o conservatorio sueco da fauna silvestre, Nordens Ark, esta colección pretende inspirar ao xogo, pero tamén ensinarlles os nenos máis cousas sobre os animais en perigo de extinción", afirma la desenvolvedora de produtos Anna Edlundh. "Coa axuda de Nordens Ark, agora podemos garantir que os nosos peluches e ilustracións se achegan aínda máis á realidade". "Crear materiais educativos sen textos é complicado, pero creo que o conseguimos co libro de actividades SANDLÖPARE. Aquí poden aprender sobre a envergadura das aves ou sobre a pegada de cada animal", explica o desenvolvedor de produtos Jorge Omar Santoyo Henaine.

Dálle vida ao cuarto

Con pequenos detalles, a sabana pode cobrar vida na casa. Cambiando a roupa de cama, poñéndolle ao tallo unha funda ou pegando adhesivos decorativos nas paredes e os postes da cama, pódese transformar un cuarto infantil nun reino animal.

Máis información

Form design process

Crea conciencia sobre as especies ameazadas

IKEA colabora con Nordens Ark, unha fundación sen ánimo de lucro que traballa na conservación da natureza, así como a cría e liberación, a investigación e a educación. Esta colaboración permitiunos comprender mellor os esforzos precisos para protexer os animais salvaxes. Apoiamos a fundación divulgando coñecementos sobre as especies en perigo de extinción tanto a cativos como a adultos. Xunto con Nordens Ark, seguimos a desenvolver produtos que esperten a curiosidade sobre o noso planeta e a súa incrible natureza e vida salvaxe.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"No caso da colección SANDLÖPARE, a miña idea era crear un mundo emocionante e colorido, onde os e as máis pequenas decidisen a súa historia e a que queren xogar, utilizando para iso a súa imaxinación e espontaneidade, no canto de darlles algo xa feito. As agochadas foi o punto de partida, por iso hai detalles de deseño agochados á mantenta e sempre hai algo máis que descubrir, explorar e co que interactuar. Os nenos e nenas non son simples espectadores, tamén son exploradores e heroes na súa propia aventura na sabana".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.