Saltar

SALNÖ Cadeira de brazos, ratán

119€
Os coxíns véndense á parte.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

A cadeira de brazos SALNÖ vén nun paquete liso, para que levala á casa che resulte máis doado. Está Feita de ratán tecido á man, un material natural que fai de cada cadeira de brazos un produto único.

Número de artigo605.007.78

Detalles do produto

O ratán é un material natural que adquire unha bonita pátina co tempo.

Os mobles fabricados con fibras naturais son lixeiros, á vez que resistentes e duradeiros.

O material achega un aire natural á decoración e transmite sensación de calma e calidez.

Grazas á forma suave dos reposabrazos e o respaldo, esta cadeira é incriblemente confortable.

Deseñador

Andreas Fredriksson

Número de artigo605.007.78

Información útil

Só para uso en interiores.

O ratán é unha fibra natural que pode cambiar de cor co tempo.

Pode ir acompañada do coxín GRYTTOM para maior comodidade.

Os coxíns véndense á parte.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano húmido.

Secar cun pano seco.

Ratán: cerca dun radiador ou doutra fonte de calor, o material pode secar e deteriorarse.

Para unha calidade óptima, aperta de novo os parafusos cando sexa necesario.

Ao ratán convenlle unha contorna fresca e seca cunha temperatura constante.

Seguridade e conformidade

Este asento cumpre coa normativa relevante en materia de resistencia e solidez. O produto tivo que superar probas que consistían en sometelo a unhas condicións normais de uso por parte de persoas cun peso de ata 110 kg.

Medicións

  • Ancho: 65 cm
  • fondo: 84 cm
  • Altura: 110 cm
  • anchura do asento: 55 cm
  • Fondo do asento: 50 cm
  • altura do asento: 40 cm

Embalaxe

SALNÖ

Número de artigo605.007.78
  • Ancho: 69 cm
  • Alto: 18 cm
  • Longo: 84 cm
  • Peso: 8.20 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.4Valoración media
5Opinións

Accesorios para SALNÖ

Cadeira de ratán natural, mesa lateral con libros e cunca, estante e xanela con cortinas.

O mellor de dous mundos

Cos mobles de ratán poderás darlle á túa casa un aspecto cálido e acolledor. Porén, estes mobles adoitan venderse premontados, unha característica que dificulta o transporte. Mais non hai razón para as cousas seren así! En colaboración cun dos nosos fornecedores, creamos SALNÖ: unha cadeira de brazos de ratán e curvilínea que colle nunha embalaxe plana.

"Seguro que xa vistes algunha fotografía de como se transportan e embalan os mobles de ratán, en montóns enormes. Para os nosos clientes sempre é un problema levar estas embalaxes e mobles ás súas casas. Por iso queriamos encontrar unha solución máis efectiva que non implicase renunciar a ese aspecto artesanal tan típico dos mobles de ratán", di Kristin Pfannenschmidt, deseñadora de produtos.

Feito á man e á máquina

Kristin e o seu grupo traballaron conxuntamente cun dos nosos fornecedores de Indonesia. "Saben transformar as fibras naturais, como o ratán, en obxectos fermosos de uso cotián. En IKEA sabemos ben como meter mobles en embalaxes planas, polo que foi cuestión de combinar ambos os coñecementos", di Kristin. As partes están todas feitas á man, pero os buracos da estrutura están feitos cunha máquina, de xeito que sempre coinciden. Do contrario sería moi difícil montar os mobles. "É unha combinación de feito á man e á máquina, o mellor de dous mundos".

O resultado é un produto máis cómodo e mellor

"Combinar distintos métodos de produción permítenos vender SALNÖ nunha embalaxe plana", di Kristin. Así aforramos espazo nos palés durante o transporte e aos clientes resúltalles máis fácil levalos á casa no coche ou no autobús. "Máis fáciles de manipular que os mobles de ratán tradicionais: desde as persoas que os fabrican até os fogares de milleiros de clientes. Os nosos clientes terán que montar os produtos SALNÖ pola súa conta, pero espero que lles guste saber que están a contribuír a un transporte máis eficiente e a preservar os traballos tradicionais de Indonesia", di Kristin.

Máis información

Material

Que é o ratán?

O ratán é un material resistente, lixeiro e flexible obtido a partir do talo dunha planta co mesmo nome. Pódese utilizar como un todo ou dividido en partes máis finas, que se trenzan para facer cestos e mobles. O ratán pertence á familia das palmeiras e medra ao longo das árbores, polo que non é necesario talar ningunha árbore para recollelo. É un material natural e os produtos adoitan estar feitos á man por artesáns, polo que cada peza ten un aspecto único.

Funcionalidade

Cadeira de brazos SALNÖ: o mellor de dous mundos.

Os mobles de vime son perfectos cando queres transmitir unha sensación de benvida e recollemento. No entanto, estes mobles adoitan venderse premontados, o que fai que sexan difíciles de transportar. Isto foi algo que quixemos mudar coa cadeira de brazos de vime SALNÖ. Está feita á man e a máquina, polo que poderás gardar este moble curvilíneo nunha embalaxe plana. Terás que montala pola túa conta, iso si, agora resultarache máis fácil transportala.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Cando deseñei a cadeira de brazos SALNÖ, a miña idea era conservar a elegancia e o toque tradicional que achega o vime e combinalo co noso ADN, un moble nun envoltorio. Cada unha das partes foi creada á man, cada un dos ángulos calculouse coidadosamente e cada vara de vime do asento está adaptada para ofrecerche a máxima comodidade. A fin de contas, es ti quen colle cada unha desas partes para crear unha cadeira de brazos única. Un agasallo da natureza, mellorado por mans expertas e totalmente único".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.