Saltar

RISHOLMEN Mesa centro ext, marrón

129€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Convida a quen máis queres ou goza dun momento a soas. Esta mesa auxiliar de ratán tecido á man conta cun taboleiro de vidro temperado cun motivo decorativo e é ideal para tomar bebidas e aperitivos.

Número de artigo205.904.36

Detalles do produto

Unha mesa de ratán de plástico trenzado á man cun taboleiro de vidro cun motivo decorativo que non deixará indiferente a ninguén. Ademais, é duradeira, resistente á intemperie e apenas require coidados.

As patas curvas danlle á mesa un aquel harmonioso e tradicional que crea un ambiente acolledor alá onde a puxeres.

O material tecido á man ten un tacto agradable e o taboleiro de vidro presenta fermosos reflexos cando os raios do sol baten na superficie.

Debaixo do taboleiro hai un andel onde podes gardar revistas, libros e lentes.

Queda ben por si soa ou a canda a poltrona RISHOLMEN para relaxarte ao aire libre.

Deseñador

J Karlsson/N Karlsson

Número de artigo205.904.36

Información útil

Cada produto é unha peza artesanal única, polo que é posible que se produzan pequenas variacións na forma.

O produto pódese reciclar ou usar para a recuperación enerxética (se estiver dispoñible na túa zona).

Recoméndase unicamente o uso no exterior.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Taboleiro:
NOTRANS
Estrutura/ Pata:
NOTRANS, NOTRANS
Fibra trenzada:
NOTRANS

Mantemento

Mesa

Limpar cunha suave solución xabonosa. Secar cun pano limpo e seco.

Non necesita mantemento.

Se fose posible, garda os mobles de exterior nun lugar fresco e seco. Se os gardas no exterior, inclina os mobles e utiliza fundas impermeables. Para evitar a humidade, asegúrate de que haxa unha boa ventilación.

Reparación: a superficie con revestimento en po evita que o aceiro se oxide. Cando o revestimento se solte, a superficie quedará desprotexida e poderían aparecer indicios de óxido. Limpa e repinta a superficie para reparala e restaura a protección.

Vidro

Importante! O vidro é un material sensible que cómpre manipular con coidado.

Seguridade e conformidade

Manipular con precaución! O vidro pode gretarse e romper bruscamente en pequenos anacos, debido a un bordo danado ou a unha rabuñadura. Evita os golpes nos laterais, onde o vidro é menos resistente.Este produto foi probado para uso doméstico e cumpre os requisitos de solidez e seguridade establecidos na norma EN 581.

Montaxe e documentos

Medicións

  • diámetro: 74 cm
  • Altura: 61 cm

Embalaxe

RISHOLMEN

Número de artigo205.904.36
  • Ancho: 76 cm
  • Alto: 7 cm
  • Longo: 99 cm
  • Peso: 12.94 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
3Opinións

Accesorios para RISHOLMEN

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.