RELATERA Soporte teléfono/tableta
Como conseguilo
Coloca o teu teléfono móbil ou tablet neste soporte mentres estudas, traballas, navegas por internet ou ves algunha película. Pódese colocar como queiras e adáptase á perfección aos escritorios RELATERA.
Detalles do produto
Podes poñer o teu teléfono ou móbil ou tablet neste soporte para ter as mans libres mentres estudas, traballas, navegas por internet ou ves unha película.
A superficie antiescorregante evita que o teléfono móbil ou tablet se mova do seu sitio.
O soporte inclúe unha abrazadeira que permite montalo e desmontalo ao teu gusto.
Henrik Preutz
Medicións
- Ancho: 14 cm
- fondo: 17 cm
- Altura: 27 cm
- Peso máximo: 1 kg
Opinións dos clientes
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando era pequeno botaba moito tempo na miña mesa. Alí era onde facía os deberes, debuxaba, escoitaba música e xogaba aos videoxogos. Cando hai un sitio que usamos para tantas cousas, o apropiado sería que fose un lugar ordenado, por iso, cos accesorios RELATERA podes adaptar unha mesa RELATERA ás túas necesidades. Agardo que as crianzas dos nosos días lle saquen partido. Un lugar onde se poidan expresar libremente e facer realidade os seus soños".