Saltar

PLUFSIG Alfombra ximnasia pregable, azul, 78x185 cm

29,99€
Alfombra de xogo rectangular azul plegable, rechea de peva
A alfombra PLUFSIG é verde, plegable e feita de plástico peva e escuma de polietileno. É rectangular e deseñado para xogar e facer exercicio seguro.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Os pequenos acróbatas poden dar tantas voltas e saltos como queiran nesta alfombra de ximnasia, suave e pregable. Só os adultos sabemos que tamén desenvolven aptitudes motoras e coordinación.

Número de artigo905.522.66

Detalles do produto

Ideal cando o teu fillo quere xogar e aprender a camiñar. O recheo amortece as caídas.

Pregable. Aforra espazo cando non se está empregando.

Ademais de ser un hábito saudable, levar unha vida activa mellora as habilidades motoras e a coordinación das e dos máis pequenos.

Sabemos que os nenos teñen a pel moi sensible, pero non te preocupes. Este produto foi probado e non ten substancias daniñas para a pel ou a saúde dos pequenos.

Deseñador

Tina Christensen

Número de artigo905.522.66

Información útil

Só para uso en interiores.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.), 100 % plástico PEVA
Recheo:
NOTRANS

Mantemento

Non se debe lavar á máquina.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Limpar cun pano húmido.

Seguridade e conformidade

Recomendado a partir dos 18 meses.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • lonxitude: 185 cm
  • Ancho: 78 cm
  • grosor: 3.0 cm

Embalaxe

PLUFSIG

Número de artigo905.522.66
  • Ancho: 37 cm
  • Alto: 17 cm
  • Longo: 77 cm
  • Peso: 1.61 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
414Opinións
Sala de xogos infantís con alfombras azuis PLUFSIG, xoguetes e almacenamento. Alfombras suaves e acolchadas, radiador branco, cortinas grises, chan de madeira.

Motivación e movemento

En IKEA e os nenos queremos fomentar un estilo de vida activo, onde actividades como saltar, correr, divertirse e xogar estean máis presentes. Porque os estudos demostran que a actividade física xoga un papel fundamental no benestar infantil e é un investimento a longo prazo.

Maria Ekblom, profesora asociada na facultade de Ciencias do Deporte e da Saúde de Suecia, estuda o impacto que o deporte ten sobre a saúde infantil. "Sabemos con certeza que facer exercicio a unha intensidade adecuada ten un impacto positivo sobre o estado físico, mellora a capacidade muscular, a saúde cardiovascular, regula a presión sanguínea así como os niveis de azucre en sangue".

Ao corpo gústalle moverse

"As pescudas demostran que moverse mellora o benestar mental e ten un impacto positivo sobre determinadas funcións cognitivas. Ademais, a actividade física que fagamos durante a nosa infancia influirá tamén nos nosos hábitos e saúde cando sexamos adultos. Mais, cal é o nivel de actividade adecuado? A Organización Mundial da Saúde (OMS) di que as e os nenos de entre 5 e 17 anos deberían facer polo menos 60 minutos de actividade física diaria a unha intensidade entre moderada e intensa. A maiores aconsella que, un par de veces por semana, sigan unha rutina de adestramento máis intensa a fin de aumentar o seu ritmo cardíaco durante máis tempo.

Marca o ritmo do teu día a día

María tráenos consellos sobre como encontrar o momento e a enerxía necesaria para levar unha rutina de exercicios cotiá. "Se é posible, camiñar ou ir en bicicleta á escola é unha oportunidade estupenda para incorporar unha actividade física ao noso día a día. Do mesmo xeito que quedar cos amigos para xogar ao aire libre, nun lugar seguro". As e os rapaces máis novos teñen un gusto natural pola actividade física, pero poderían necesitar un empurrón segundo vaian medrando, di María. "É importante darlles a oportunidade de practicar deportes e outras actividades adecuadas para a súa idade e que coincidan cos seus intereses. É máis fácil que un hábito saudable se manteña no tempo cando lles gusta o que fan".

Máis información

Funcionalidade

Moverse axuda a desenvolver o corpo

Ás cativas e cativos encántalles xogar e saltar. Desta maneira, sen eles o saber, están a adestrar as súas habilidades motoras. Atravesar un circuíto de obstáculos, xogar cunha pelota ou mesmo reptar por un túnel estreito axúdaos a mellorar o seu sistema sensorial, en especial a coordinación e equilibrio. Moverse é importante para a saúde de pequenos e maiores.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.