Saltar

ÖVNING Repousapés ergonómico

18,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Repousapés multifuncional que che axuda a sentar cunha boa postura para traballar no escritorio. Ofrece un apoio estable para os pés, co que reduce a presión sobre as coxas, o que contribúe a mellorar a circulación.

Número de artigo005.520.20

Detalles do produto

O repousapés eleva os pés do neno ou nena para que poida ter unha postura erguida, mais relaxada, para estudar e de paso desenvolver o hábito de sentar correctamente.

A superficie curvada convida a abanar os pés nunha posición totalmente natural.

Perfecto para cambiar de posición e traballar no escritorio ou o solo.

Os adolescentes e adultos tamén poden usar o repousapés para a lumbar, xeonllos ou nocellos.

Traballar durante moitas horas nunha posición incómoda pode provocar cansazo, dores e tensións. Un ambiente ergonómico mellora a saúde, a creatividade, a concentración e a aprendizaxe.

A funda pódese sacar e lavar á máquina.

A superficie antiescorregante do tecido mantén o repousapés no seu sitio.

Lixeiro e fácil de transportar.

A colección ÖVNING abrangue ferramentas intelixentes e flexibles que simplifican a aprendizaxe dun xeito divertido e axudan ao cativo a comezar, manter os niveis de enerxía e a cambiar de espazo de traballo con facilidade.

IKEA apoia o dereito á educación dos nenos e unha vida activa chea de xogo. Despois de aprender dos nenos e de expertos, sabemos que mesturar estudo, xogo e movemento é ideal para obter bos resultados escolares.

Deseñador

Jonas Hultqvist

Número de artigo005.520.20

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Funda de tea/ Forro:
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
Recheo do núcleo:
NOTRANS
Cremalleira:
NOTRANS

Mantemento

Funda de coxín

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Almofada interior

Lavar á man a 40 °C como máximo.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Este produto ten unha superficie semellante á do caucho, que evita escorreduras. Para a función antiescorregante funcionar, é importante que as superficies do produto e o chan estean limpos e sen po.Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Medicións

  • lonxitude: 38 cm
  • Ancho: 32 cm
  • Altura: 18 cm

Embalaxe

ÖVNING

Número de artigo005.520.20
  • Ancho: 31 cm
  • Alto: 18 cm
  • Longo: 38 cm
  • Peso: 0.59 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
196Opinións

Vai sendo hora de facer os deberes

Non sempre é fácil dar cun recuncho tranquilo onde facer os deberes. No caso da serie ÖVNING, a nosa idea era crear algo para axudar ás e aos máis pequenos da casa coas súas tarefas. Algo material, pero que tamén tivese un impacto positivo no seu corpo e cabeciñas.

"Visitamos a nenas e nenos de todo o mundo e descubrimos que non sempre teñen as mesmas necesidades á hora de facer as súas tarefas. Hai pequenos quen prefiren traballar nun escritorio, mentres que outros están máis cómodos no chan", di Anna Carme, membro de Children's IKEA. "É por iso que cómpre certa flexibilidade neste senso, unha flexibilidade que, por certo, nos levou a crear ÖVNING".

Pensamos nos bulebules da casa

A maioría das nenas e nenos teñen unha cousa en común: son incapaces de ficar quietos moito tempo. "Toda esa enerxía que teñen dentro ten que saír por algún sitio. A ciencia demostrou os beneficios da actividade física na aprendizaxe. Igual de bo é que xoguen antes de facer os deberes como que se movan mentres estudan", di Anna para explicar de onde vén a inspiración á hora de crear os repousapés da serie. "Poden usalos para balancearse coa axuda dos pés ou tamén para adoptaren unha postura máis cómoda".

Divírtete e concéntrate

Contar cun lugar específico onde estudar é importante, pero este non ten de ser necesariamente un escritorio. O divisor de escritorio e o organizador de accesorios da serie ÖVNING permitiravos crear un espazo privado que poderedes personalizar ao voso gusto e levar convosco á mesa do comedor ou ao sofá. "A miúdo consideramos que moverse e divertise durante as horas de estudo é unha falta de concentración. Para nós é todo o contrario. As nenas e os nenos concéntranse mellor cando o tempo de estudo é flexible e divertido. Considérano unha especie de recompensa".

Máis información

Funcionalidade

Traballar durante moito tempo en posturas incómodas pode provocar tensión e dor. Co repousapés ÖVNING detrás da zona lumbar, gozarás dun agradable apoio que che axudará a manter as costas rectas e aliviará as túas costas, ombreiros e pescozo.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.