ÖVNING Divisor compartimentos escritorio
Como conseguilo
Transforma a mesa da cociña nun lugar de traballo produtivo ou converte a sala de estar nun espazo onde poidas concentrarte. Este divisor de escritorio mellora a privacidade, é fácil de recoller e fácil de levar contigo onde queiras.
Detalles do produto
Evita as miradas curiosas e amortece o son, xa que o separador está feito de material que absorbe o son.
Podes despregar os 3 lados ou só 2, por exemplo, se só queres luz por unha banda.
O separador ten compartimentos pequenos e correas elásticas onde o neno pode gardar accesorios de escritorio e pegar o horario ou os seus debuxos favoritos para personalizalo.
O separador axuda ao cativo a xestionar o seu espazo de traballo, o que facilita a súa concentración e o traballo autónomo.
No medio da ringleira superior, hai un peto para móbil, perfecto para as clases a distancia ou para falar cun compañeiro de clase.
A colección ÖVNING abrangue ferramentas intelixentes e flexibles que simplifican a aprendizaxe dun xeito divertido e axudan ao cativo a comezar, manter os niveis de enerxía e a cambiar de espazo de traballo con facilidade.
IKEA apoia o dereito á educación dos nenos e unha vida activa chea de xogo. Despois de aprender dos nenos e de expertos, sabemos que mesturar estudo, xogo e movemento é ideal para obter bos resultados escolares.
Jonas Hultqvist
Medicións
- lonxitude: 121 cm
- Altura: 39 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración xuntos practicamente antes de comprar para atopar o axuste perfecto para a túa casa.

Vai sendo hora de facer os deberes
Non sempre é fácil dar cun recuncho tranquilo onde facer os deberes. No caso da serie ÖVNING, a nosa idea era crear algo para axudar ás e aos máis pequenos da casa coas súas tarefas. Algo material, pero que tamén tivese un impacto positivo no seu corpo e cabeciñas.
"Visitamos a nenas e nenos de todo o mundo e descubrimos que non sempre teñen as mesmas necesidades á hora de facer as súas tarefas. Hai pequenos quen prefiren traballar nun escritorio, mentres que outros están máis cómodos no chan", di Anna Carme, membro de Children's IKEA. "É por iso que cómpre certa flexibilidade neste senso, unha flexibilidade que, por certo, nos levou a crear ÖVNING".
Pensamos nos bulebules da casa
A maioría das nenas e nenos teñen unha cousa en común: son incapaces de ficar quietos moito tempo. "Toda esa enerxía que teñen dentro ten que saír por algún sitio. A ciencia demostrou os beneficios da actividade física na aprendizaxe. Igual de bo é que xoguen antes de facer os deberes como que se movan mentres estudan", di Anna para explicar de onde vén a inspiración á hora de crear os repousapés da serie. "Poden usalos para balancearse coa axuda dos pés ou tamén para adoptaren unha postura máis cómoda".
Divírtete e concéntrate
Contar cun lugar específico onde estudar é importante, pero este non ten de ser necesariamente un escritorio. O divisor de escritorio e o organizador de accesorios da serie ÖVNING permitiravos crear un espazo privado que poderedes personalizar ao voso gusto e levar convosco á mesa do comedor ou ao sofá. "A miúdo consideramos que moverse e divertise durante as horas de estudo é unha falta de concentración. Para nós é todo o contrario. As nenas e os nenos concéntranse mellor cando o tempo de estudo é flexible e divertido. Considérano unha especie de recompensa".